Gallego

Presentación

Según o  Decreto DECRETO 74/2011, do 14 de abril, polo que se regula a formación permanente do profesorado que imparte as ensinanzas establecidas na Lei orgánica de educación (LOE), os centros de formación e recursos prestarán un servizo de apoio e responsabilízaránse da xestión da formación permanente do profesorado que  imparte ensinanzas de niveis non universitarios en centros educativos sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia no seu ámbito de actuación.

O CFR de Vigo ten como obxectivo e vocación o desenvolvemento de actividades de formación que impliquen unha mellora da calidade educativa nos centros do seu ámbito territorial, potenciando actividades tales coma cursos, proxectos de formación en centros, grupos de traballo, seminarios e proxectos de formación para profesorado de formación profesional, así coma outras actuacións encamiñadas á difusión de experiencia e ao asesoramento docente.

Na mellora continua da eficiencia do servizo que prestamos pretendemos facilitar ao profesorado, a través desta web: a realización de actividades formativas, a difusión de materiais didácticos e curriculares de calidade e que sirva de punto de encontro entre os docentes do noso ámbito formativo.

 

MISIÓN

Promover o desenvolvemento profesional do profesorado para a mellora da práctica educativa, ofertando accións formativas diversificadas, dinámicas e innovadoras, que dean resposta ao dereito e á obriga de todo o profesorado á súa actualización científica, didáctica e relacional.

 

VISIÓN

Ser un lugar de referencia para o fomento e intercambio de coñecemento, para a innovación pedagóxica, para os recursos dispoñibles no desenvolvemento das accións formativas, buscando a calidade nos servizos prestados, a implicación e satisfacción de todos os axentes que interveñen, na procura da mellora das competencias profesionais docentes.

 

VALORES

Estimular o carácter dinámico e innovador co obxectivo de estar á vangarda das últimas tendencias metodolóxicas e tecnolóxicas.

Compromiso coa calidade formativa a través da implantación e desenvolvemento de sistemas de xestión dirixidos á mellora continua, acordes a modelos internacionalmente aceptados.

Gallego

Política de calidade

rede de formación permanente do profesorado definiu a calidade como parte fundamental da súa política e da súa estratexia, e adoptou un sistema de xestión baseado na calidade como modelo de referencia para a xestión da Institución. Este sistema de aseguranza da calidade está baseado na Norma UNE-EN ISO 9001:2015.

Máis en concreto, dende a súa creación adoptou a calidade como unha filosofía de actuación que se identifica coas seguintes directrices:

  • O traballo ben feito e a mellora continua das nosas actividades, dos servizos que prestamos e dos procesos de traballo.

  • A achega de valor ao profesorado, ao persoal do centro, ás escolas de nais e pais escoitando a súa voz e procurando satisfacer as súas expectativas.

  • A adopción de metodoloxías de traballo baseadas na cultura da evidencia, a xestión a partir de datos e a disciplina do traballo en equipo.

  • A xestión dos procesos orientada á mellora continua mediante a planificación, o desenvolvemento e a revisión e mellora destes.

  • A mellora dos resultados definindo os indicadores e obxectivos, e avaliando o seu nivel de logro.

  • Requisitos implícitos, explícitos, do usuario, regulamentarios e os propios da nosa organización.

     

Estas directrices despréganse a través dos seguintes procesos e proxectos:

  • Mantemento dun sistema da calidade segundo UNE-EN ISO 9001:2015.

  • Medición e análise periódica da satisfacción de servizos polos usuarios.

  • Revisión do sistema da calidade e actualización periódica de procesos.

  • Auditorías internas e externas do sistema da calidade.

     

Así mesmo, despréganse nos Obxectivos de Calidade a través da formulación e o seu cumprimento. Os obxectivos da rede de formación permanente serán computables e medibles a través de indicadores; todos eles constitúen os obxectivos da calidade. O grao de cumprimento será avaliado periodicamente.

O compromiso coa calidade afecta a toda a organización. Todas as persoas da rede de formación aceptan este compromiso e a súa responsabilidade no cumprimento dos requisitos establecidos no Sistema de Xestión da Calidade, así como o de participar activamente na mellora da calidade e da xestión, e no logro dos obxectivos institucionais.

 

POLÍTICA PEDAGÓXICA

rede de formación ten en conta as seguintes directrices:

  • Detectar e recoller as necesidades de formación nos centros do seu ámbito de actuación, e propoñer iniciativas e accións formativas que satisfagan esas necesidades ou demandas.

  • Coordinar e xestionar as actividades formativas que integran os plans anuais de formación do profesorado aprobados pola Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa e conseguir un alto grao de satisfacción por parte do alumnado.

  • Promover accións formativas nos centros, encamiñadas a impulsar a investigación educativa, preferentemente no campo da innovación e experimentación didácticas.

  • Facilitarlles un servizo de documentación, elaboración e difusión de material didáctico e pedagóxico ao profesorado e aos centros de ensino do seu ámbito territorial.

  • Realizar actividades de intercambio, debate e difusión de experiencias educativas entre o profesorado.

  • Impulsar e apoiar a participación do profesorado en seminarios, grupos de traballo e proxectos de formación en centros ou calquera outra modalidade de formación.

  • Contribuír á dinamización social e cultural das zonas educativas de especial dificultade do seu ámbito de influencia.

  • Favorecer o coñecemento e utilización efectiva de materiais e recursos técnicos.

  • Dar soporte ás Escolas de Nais e Pais.

  • Calquera outra que a Administración educativa lle encomende en relación cos obxectivos propios do centro.

  • Asegurar a profesionalidade e compromiso das persoas da rede de formación, proporcionándolles o clima adecuado, os recursos precisos e a formación necesaria.

  • Desenvolver unha relación baseada no beneficio mutuo co profesorado, para proporcionar un servizo eficaz e eficiente.

  • Conseguir o máis alto nivel de desempeño en todos os procesos e especialmente naqueles que teñen relación directa coa satisfacción dos grupos de interese.

  • Asegurar o comportamento ético nas relacións con todos os grupos de interese, así como no cumprimento dos requisitos legais e regulamentarios aplicables.

Esta Política de Calidade é o marco de referencia que se utiliza para a fixación e o seguimento dos obxectivos anuais.

Gallego