Gallego

G2301094 - Proceso para a innovación de centro

Summary: 

OLLADAS caleidoscópicas
Undefined

G2301094 - Proceso para a innovación de centro

Obxectivos: 

  1. Analizar o nivel competencial do centro en innovación e investigación, atendendo ás dimensións pedagóxicas e organizativas.
  2. Deseñar un plan de actuación baseándose nas conclusións obtidas no proceso de diagnose.
  3. Mapear os talentos do equipo e experimentar un proceso de co-creación grupal.

Contidos: 

  1. Marco de referencia da competencias en innovación e investigación.
  2. Ferramentas de diagnose: análise DAFO.
  3. Plan de acción: deseño de obxectivos, actuacións e métodos de avaliación e difusión.
  4. Procedementos de seguimento e avaliación do plan de actuación elaborado.

Información importante: 

Esta formación ten un marcado carácter práctico. As sesións basearanse en traballo en grupo, non en relatorios. 

A actividade consta de: 

  • 5 sesións de CREACIÓN de 3 horas por videoconferencia.
    • 21 de outubro de 10:00 a 13:00
    • 25 de outburo de 16:30 a 19:30
    • 28 de outubro de 10:00 a 13:00
    • 8 de novembro de 16:30 a 19:30
    • 15 de novembro de 16:30 a 19:30
  • 1 sesión presencial de CONVIVIO de 3 horas no CAFI.
    • 18 de novembro de 10:00 a 13:00
  • 2 horas de traballo persoal.
    • 11 de novembro de 10:00 a 12:00 (este horario é orientativo)

Inscrición en Fprofe co código G2301094. 

imaxe

S2301079 Metodoloxías innovadoras e inclusivas para unha aprendizaxe activa en educación secundaria

Summary: 

Actividade de formación dirixida a profesorado de educación secundaria na que se afondará nas metodoloxías innovadoras e inclusivas para unha aprendizaxe activa.
Gallego

Actividade dirixida a profesorado de educación secundaria.

Nela abordaremos as metodoloxías activas e os beneficios da innovación educativa e da súa aplicación na aula; e faremos un achegamento a metodoloxías como a Aprendizaxe Baseada en Proxectos, a aprendizaxe e servizo ou a ludificación.
 

Datos importantes:

  • Datas:
    • sábado 18 de novembro,
    • venres 1 de decembro e
    • sábado 2 de decembro de 2023
  • Relatores: Susana Pérez, Miguel Quiroga e Pablo Trashorras
  • Horario:
    • sábado 18 de novembro de 10:00 a 14:00h e de 16:00 a 20:00h;
    • venres 1 de decembro de 16:30 a 20:30;
    • sábado 2 de decembro de 10:00 a 14:00 e de 15:30 a 19:30
  • Código en  fprofe: S2301079
  • Lugar: CAFI, Santiago de Compostela
imaxegal

S2301078 - Metodoloxías innovadoras e inclusivas para un aprendizaxe activa en Educación Infantil e Primaria

Summary: 

Como innovar metodoloxicamente na práctica docente, tendo en conta as aportacións da neurociencia
Gallego

Os días 11, 18 e 22 de novembro teremos unha formación no CAFI en torno a metodoloxías activas para fomentar a innovación e a inclusión na práctica docente.

Contaremos coa participación de Lidia Gómez Boga tecendo redes de inclusión; Laura Lorenzo Diz para traballar ABP e aprendizaxe cooperativa; Javier García García para ver a avaliación nas metodoloxias activas; Maiuca Cortón Tesouro con propostas didácticas innovadoras para aula e Carlos González Florez para dar a súa perspectiva dende neurodidáctica.

imaxe

S2301075 Introdución aos espazos virtuais de aprendizaxe (20h)

Summary: 

curso S2301075: Introdución aos espazos virtuais de aprendizaxe, de 20h de duración
Gallego

Do 8 de novembro ao 13 de decembro levarase a cabo o curso S2301075: Introdución aos espazos virtuais de aprendizaxe, de 20h de duración das cales 15h serán de docencia presencial e 5h de tarefa individual.

Abordaranse os Espazos Virtuais de Aprendizaxe Moodle e E-Dixgal, a creación, organización e xestión de cursos e actividades e a creación de contornas dixitais seguras e saudables.

O prazo de inscrición remata o 18 de outubro de 2023. 

Máis información: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/

Programa curso EVA
Programa curso EVA

G2303001 Actualización en didácticas das linguas estranxeiras

Summary: 

Curso de didáctica das linguas estranxeiras.
Gallego

Curso dirixido ao profesorado de alemán, francés, inglés, italiano e portugués composto dunha primeira sesión teórica para todas as linguas e, a continuacion unha segunda sesión práctica para cada lingua indivdualmente.

Datas de realización:

28 de outubro para todas as linguas no salón de actos do CIFP Compostela.

4 de novembro para francés, inglés, italiano e portugués no CAFI.

11 de novembro para o grupo de alemán no CAFI.

Horario:

10 - 14 h

16 - 20 h

Data límite de inscrición: 18 de outubro

 

 

Didáctica das LE
Didáctica das LE

G2302033 Xornadas de Lingua e Literatura

Summary: 

Xornadas autonómicas que axudan ao profesorado de ensino non universitario a recoller ideas e prácticas de interese arredor da Lingua e a Literatura, orientadas tanto á lingua propia coma á lingua cooficial do Estado. En concreto, a presente edición, parte da educación literaria.
Gallego

LUGAR, DÍA E HORARIO:

Edificio Fontán, Cidade da Cultura, Santiago de Compostela. 21 de outubro de 2023. 10.00-20.00h. (8 horas de certificación)

Apertura de portas ás 09.00 horas.

Inclúe xantar con buffet libre informal cortesía da CCEFPU.

 

PERSOAS RELATORAS:

Premios Nacionais 2023 Paula Carballeira e Yolanda Castaño . Nando López . Thibaut Deleval . Asís G. Ayerbe . María Solar . Piu Martínez . Raúl Vacas . Fran Guede . Rocío Romero.

 

OBXECTIVOS:

  • Promover a reflexión sobre o concepto de educación literaria.

  • Dar a coñecer pautas didácticas arredor da aprendizaxe e ensino da linguaxe literaria.

  • Revisar os conceptos de lectura, escritura e competencia dixital en relación coa educación literaria.

 

CONTIDOS:

 

  1. O enfoque da educación literaria fronte ao enfoque da literatura dos currículos de linguas.

  2. Cambios conceptuais e metodolóxicos.

  3. Novas ferramentas e novos usos na didáctica da educación literaria.

  4. Prácticas acordes co concepto de educación literaria.

 

COMPETENCIAS PROFESIONAIS:

Competencia comunicativa - Sentido estético, dramático e capacidade de emocionar

Competencia didáctica - Espazos, recursos e materiais de aprendizaxe

 

CDD:

Deseña situacións de aprendizaxe nas que o uso específico e flexible dos recursos (espazos e materiais) físicos e virtuais responde ás necesidades metodolóxicas e promoven a inclusión e a equidade

Domina diversas estratexias organizativas e de xestión de recursos (espazos e materiais) físicos e virtuais variados e en diferente formato.

Incorpora diferentes códigos (visual, xestual, musical, dramático) fomentando a capacidade de conexión do alumado coa materia.

G2302033 Xornadas de lingua e literatura
G2302033 Xornadas de lingua e literatura

Prazas dispoñibles nos cursos do Plan Proxecta na Rede

Summary: 

Data límite de inscrición ata o 15 de outubro do 2023
Gallego

Amplíase a data de inscrición dos cursos na Rede do Plan Proxecta para este trimestre, todos eles dispoñen de prazas vacantes. A data límite de inscrición para estas actividades adiouse ata o 15 de outubro. En concreto os cursos son:

  • G2301107 - Consumo e xénero. A publicidade na escola. Plan Proxecta  - 30 horas
  • G2301110 -Estratexias para a promoción da igualdade nos centros educativos. Plan Proxecta - 30 horas

A inscrición realízase a través da aplicación Fprofe no enderezo www.edu.xunta.gal/fprofe na pestana de consulta/inscrición.

Cursos Plan Proxecta na Rede
Cursos Plan Proxecta na Rede

Ampliado o prazo de inscrición nos cursos de Formación para a Acreditación da Competencia Dixital Docente con vacantes

Summary: 

Amplíase a data de inscrición dos cursos na Rede de Formacion para a Acreditación da CDD dos niveis A1, A2 e B1.
Gallego

Amplíase a data de inscrición dos cursos na Rede de Formacion para a Acreditación da CDD dos niveis A1, A2 e B1 que se están a ofertar en FProfe para este trimestre debido a que todos eles dispoñen de prazas vacantes. A data límite de inscrición para estas actividades adiouse ata o 24 de setembro. En concreto os cursos son:

  • G2301049 - Formación para a acreditación da competencia dixital docente nas áreas 3 e 4 do nivel A2 - 15 horas
  • G2301052 - Formación para a acreditación da competencia dixital docente nas áreas 5 e 6 do nivel A2 - 20 horas
  • G2301053 - Formación para a acreditación da competencia dixital docente nas áreas 5 e 6 do nivel B1 - 25 horas 
  • G2301057 - Formación para a acreditación da competencia dixital docente no nivel A1 - 40 horas
  • G2301059 - Formación para a acreditación da competencia dixital docente no nivel A2 - 50 horas
  • G2301061 - Formación para a acreditación da competencia dixital docente no nivel B1 - 70 horas

A inscrición realízase a través da aplicación Fprofe no enderezo www.edu.xunta.gal/fprofe na pestana de consulta/inscrición.

Cursos de formación para a acreditación da Competencia Dixital Docente nos niveis A1,A2 e B1
Formación CDD

S2301035 Deseño Universal para a Aprendizaxe e ferramentas dixitais

Summary: 

Curso de Deseño Universal para aprendizaxe e ferramentas dixitais. Darase a coñecer o marco teórico do Deseño Universal para a Aprendizaxe ( DUA ) e as implicacións dos principios e pautas na creación de actividades inclusivas e accesibles. As perosas relatoras serán Carmen Alba Pastor e Lara Crespo García.
Gallego

Curso presencial de 15 horas presenciais e 5 non presenciais.

Terá lugar no CAFI na aula 1.11

Remata o prazo de inscripción o 15 de setembro.

 

Curso DUA
Curso DUA