Gallego

Convocatoria de prazas destinadas ao profesorado para a realización de itinerarios formativos para a mellora da súa competencia lingüística e comunicativa relativos ao Programa integral de aprendizaxe de linguas estranxeiras (PIALE) para o ano 2013

Gallego

Xúntase a Orde do 1 de marzo de 2013 pola que se convocan prazas destinadas ao profesorado para a realización de itinerarios formativos para a mellora da súa competencia lingüística e comunicativa, relativos ao Programa integral de aprendizaxe de linguas estranxeiras (PIALE) para o ano 2013.

Servizo relacionado: 

Colectivo: 

Cultura e Educación convocará 140 prazas para que o profesorado realice itinerarios formativos no estranxeiro para a mellora das súas competencias lingüísticas

Canadá, Reino Unido, Francia, Portugal, Alemaña e EEUU son os destinos aos que poderán optar os docentes, cunha duración das estadías de ata 4 semanas, dependendo da modalidade

Deste xeito, e malia á crise económica, a Consellería reafirma o seu compromiso coa formación dos docentes, convocando as mesmas prazas que o ano pasado

As profesoras e profesores que realicen este programa deberán elaborar, cos seus coñecemento, materiais didácticos para o seu uso nos centros de ensino

Gallego
Cultura e Educación convocará 140 prazas para que o profesorado realice itinerar
Cultura e Educación convocará 140 prazas para que o profesorado realice itinerarios formativos no estranxeiro para a mellora das súas competencias lingüísticas

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convocará 140 prazas para a realización de itinerarios formativos para a mellora da competencias lingüísticas e comunicativa do profesorado. Así o recolle a convocatoria presentada esta mañá na mesa sectorial do ensino non universitario celebrada na Escola Galega de Administración Pública (EGAP), unha xuntanza na que ademais se abordou a orde pola que se convoca concurso de méritos para a selección e o nomeamento da dirección dos centros docentes públicos. Deste xeito, e malia á crise económica, a Consellería reafirma o seu compromiso coa formación dos docentes, convocando as mesmas prazas para estadías no estranxeiro que o ano pasado.

Ao abeiro do Programa Integral de Aprendizaxe de Linguas Estranxeiras (PIALE) a Consellería oferta itinerarios intensivos para potencias a consolidación e adquisición de niveis de competencia lingüística, dando a oportunidade aos participantes nos mesmos de poñer en práctica os seus coñecementos no contexto dunha país no que se fala a lingua en cuestión. O obxectivo é formar profesionais debidamente cualificados para impartir clases na rede de 2.373 seccións bilingües e 148 centros plurilingües do sistema educativo de Galicia. Cómpre salientar que ao longo da lexislatura pasada beneficiáronse deste programa preto de 1.500 profesores, cun incremento do 73% respecto á lexislatura anterior.

Destinatarios

A convocatoria irá dirixida ao profesorado especialista en inglés que estea a impartir ensinanzas de lingua estranxeira en educación infantil e primaria; a profesorado especialista de francés e inglés; e a profesorado AICLE/CLIL (de áreas, materias ou módulos non lingüísticos impartidos en inglés) de educación primaria, secundaria obrigatoria, de bacharelato ou de formación profesional, que estea a participar nos programas de seccións bilingües e/ou centros plurilingües.

Así mesmo, poderán participar os docentes non especialistas que impartan ensinanzas establecidas na Lei Orgánica de Educación, en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Inspección Educativa. Neste último caso deberán facer a proba que se determine ao finalizar a fase de inmersión ou integración, que poderá acreditar a competencia do nivel B2 segundo o Marco común europeo de referencia para as linguas. Tamén poderán optar ás prazas das actividades o profesorado que teña previsto participar no programa de seccións bilingües ou o de centros plurilingües a partir do curso 2013-2014.

Modalidades

Os itinerarios formativos realizaranse en 3 modalidades diferentes.A primeira delas constará dunha primeira fase dun curso de formación en inglés en Galicia, seguido dun período de inmersión no país falante da lingua estranxeira de ensino e aprendizaxe, cunha duración de tres semanas que se realizará no mes de xullo de 2013 en Reino Unido, Canadá ou Estados Unidos. A segunda modalidade consistirá nun programa de inmersión total en inglés, con integración na vida escolar en centros escolares de Canadá, acompañados por un docente da súa mesma área ou materia durante catro semanas no primeiro trimestre do curso 2013-2014. A terceira modalidade consistirá en cursos de dúas semanas no Reino Unido, Francia, Alemaña ou Portugal.

En todos os casos os beneficiarios deberán realizar unha fase final de elaboración de materiais para a sociedade da información para o seu uso didáctico, no primeiro trimestre do curso 2013-2014.

Dirección dos centros docentes

Outro dos asuntos abordados na mesa sectorial foi a convocatoria do concurso de méritos para a selección e o nomeamento da Dirección dos centros docentes públicos. En total serán 206 os centros de ensino que renoven os seus directores e directoras a través dun concurso que se realizará de conformidade cos principios de igualdade, publicidade, mérito e capacidade.

Colectivo: 

O IES San Clemente de Santiago e o IES Miguel Ángel González Estévez de Vilagarcía gañan o primeiro premio europeo eTwinning 2013 para alumnado de 16 a 19 anos

O proxecto Pek, the Traveller Flea 3 - Evolution acaba de acadar o primeiro premio do programa europeo eTwinning 2013 na categoría de alumnado de 16 a 19 anos. Esta iniciativa, liderada desde o IES San Clemente de Santiago de Compostela, conta coa participación de centros educativos de 7 países coa coordinación do seguinte profesorado:

  •     Muriele Dejaune, Lycée des métiers Louis Blériot, Trappes, Francia
  •     Marcos Vence Ruibal, IES San Clemente - Compostela, Santiago de Compostela, España
  •     Alessandra Pallavicini, ISIS Galilei, Gorizia, Italia
  •     Bruna Giacosa, Liceo Classico "S. G. Calasanzio", Carcare (SV), Italia
  •     Ciro Sánchez Suárez, IES Miguel Ángel González Estévez, Vilagarcía de Arousa, España
  •     Hulya Erturk, KERİMBEY İ.O, SAMSUN, Turquía
  •     Javier Arza Fernández, IES "Rey Don García", Nájera, España
  •     Keri Georgieva, NGXNI "Konstantin Preslavski", Varna, Bulgaria
  •     Lina Maria Pereira, Escola Secundária de Gama Barros, Cacém, Portugal
  •     Ludmila Kosíková, Střední škola průmyslová a umělecká , Hodonín, República Checa
  •     Meltem Bílgiç, Gökçe Karaoğlan İlköğretim Okulu, Samsun, Turquía
  •     Montserrat Ansótegui, IES "Rey Don García", Nájera, España
  •     Yordanka Simeonova, SOU "Georgi Izmirliev", Gorna Oryahovitsa, Bulgaria

Os principais obxectivos deste proxecto son:

  • Aprender sobre culturas e linguas europeas.
  • Aprender a crear historias de xeito cooperativo e convertelas en comics.
  • Aprender a deseñar obxectos de merchandising.
  • Aprender a usar ferramentas de software como buscadores web, foros, wikis, blogs, editores de texto, editores de imaxes, etc.
  • Usar software libre: LibreOffice, GIMP e Scribus.

O produto final é un cómic multilingüe que se pode consultar pulsando no arquivo pdf incluído abaixo ou en internet pulsando aquí.

Gallego
PEK

Cultura e Educación reúne a 200 docentes nas xornadas ‘A Ponte das Linguas’ co obxectivo de impulsar a transversalidade no ensino plurilingüe

O encontro inaugurouse esta tarde na Escola Galega de Administración Pública, e busca dar a coñecer as diferentes iniciativas que se desenvolven nos centros educativos galegos para a potenciación da competencia plurilingüe e pluricultural

Gallego

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria reúne – hoxe e mañá-  na Escola Galega de Administración Pública a 200 docentes nas xornadas ‘A Ponte das Linguas’, que buscan favorecer a transversalidade e o enfoque comunicativo global nas aprendizaxes lingüísticas,a través de todas as materias do currículo. O encontro, organizado polo Centro autonómico de Formación e Innovación (CAFI), busca dar a coñecer as diferentes iniciativas que se desenvolven nos centros educativos galegos en materia de potenciación da competencia plurilingüe e pluricultural.

O director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, Manuel Corredoira; salientou na inauguración o éxito de convocatoria das xornadas – con 343 inscritos para as prazas dispoñibles-, o que dá conta do interese dos docentes en compartir experiencias arredor do ensino plurilingüe. O director xeral recordou que o piar fundamental para o bo funcionamento do Plan de Potenciación das Linguas Estranxeiras, posto en marcha pola Consellería, é precisamente o traballo colaborativo dos docentes, “procurando non só melloras significativas competenciais para eles mesmos e para o alumnado, e favorecendo o aprezo pola diversidade lingüística vinculada a todas as áreas de coñecemento”.

Neste sentido celebrou iniciativas como a destas xornadas e animou aos docentes a seguir traballando en colaboración nos centros educativos “en pos de proxectos comúns que favorezan todas as sinerxías potenciais que o noso alumnado pode desenvolver, nunha entorna motivadora, creativa e conectada co mundo actual”.

Experiencias e-Twinning

Tras o acto de inauguración, o programa continuou coa presentación do proxecto europeo e-Twinning ‘Comment est ton collège?’, da man de Céline Benmessaoud, profesora de educación secundaria de Lingua francesa no CPI Plurilingüe dos Dices (Rois). Esta iniciativa, que obtivo o terceiro premio nacional do Organismo Autónomo Programas Educativos Europeos (OAPEE) entre as 87 presentadas, desenvolveuse co Collège René Cassin  (l’Isle Jourdain, Francia), arredor da análise textos xornalísticos audiovisuais, tendo en conta as úas contornas e o intercambio cultural.

A xornada do venres complétase coa presentación da experiencia ‘Cóntoche un conto, cóntasme un conto’, por parte de Susana Fontán, mestra no colexio SEK (Pontevedra). O proxecto, que acadou o primeiro premio europeo do OAPEE ao mellor dos desenvolvidos en español, realizouse co italiano Circolo Didattico Giovani XXIII di Corigliano, arredor da tradición de contar contos e a súa relación coas súas propias culturas.

Obradoiros

O sábado será a quenda dos obradoiros simultáneos. Así participantes poderán escoller entre unha ampla oferta de actividades, como ‘Danzas do mundo’, no que Antonio Cabanas afondará nas danzas populares como ferramenta para a aprendizaxe da lingua vehicular; ou ‘O inglés a través da música’, no que o profesor Mark Wiesma fomentará unha experiencia de inmersión lingüística en inglés a través de xogos, movemento e ritmo. Por outra banda, Anxo Gómez, profesor de galego no CPI Vicente Otero Valcárcel (Carral) traballará cos asistentes ao obradoiro ‘a dobraxe nas aulas de lingua’ as diferentes posibilidades que a dobraxe ofrece na aula utilizando textos literarios.

En ‘Ponte nas Ondas, Santiago Veloso, profesor de Lingua galega do IES Terra de Turonio (Gondomar) compartirá os pormenores deste programa educativo realizado entre Galicia e Portugal co obxectivo de fomentar os lazos de unión entre os nenos e nenas de ambos os lados da fronteira, con riscos comúns e outros que os diferencian. Pola súa parte, Sonia Espiñeira, profesora na Escola Oficial de idiomas de Vigo, dará a coñecer o método ‘Aprendizaxe en estacións’, desenvolvido para a ensinanza do español como lingua estranxeira. Ademais, Araceli García Fuentes, mestra de inglés no CEIP Pérez Viondi, dará aos asistentes a posibilidade de participar nunha sesión baseada no método didáctico da ‘Total Physical Response’ (Resposta Física Total) como forma de ensino de linguas

Colectivo: 

Sección: 

A Fundación Amancio Ortega convoca 100 bolsas para realizar primeiro de bacharelato nun instituto canadense durante o curso 2013/2014

As bolsas "Estudia en Canadá" da Fundación Amancio Ortega van dirixidas a alumnado que estea cursando 4º de ESO nun centro educativo español.

Trátase dun programa que ofrece a posibilidade de pasar o curso escolar 2013/2014 en distritos escolares de catro provincias canadenses angloparlantes: Alberta, British Columbia, Nova Escocia e Ontario. O alumnado convivirá durante 10 meses cunha familia de acollida, en poboacións de tamaño medio, e co obxectivo de integrarse totalmente na comunidade escolar, de xeito que poida mellorar o seu nivel de coñecemento do idioma e a súa formación.

As bolsas cobren o cento por cento dos gastos do curso académico e ofrecen seguimento e apoio continuo durante a estancia. Tamén se inclúen as viaxes de ida e volta, o aloxamento en familia, a manutención durante o curso e un seguro médico e de accidentes.

O prazo de solicitude vai do 14 de xaneiro ao 22 de febreiro de 2013 e debe realizarse a través da plataforma informativa e de xestión do programa.

Gallego
Bolsas "Estudia en Canadá"

Tema: 

Convocatoria de becas para participar no Instituto de verán Benjamin Franklin 2013 nos Estados Unidos de América para mozos/as entre 16 e 18 anos

A Embaixada dos Estados Unidos en España selecciona un/unha estudiante español/a,  andorrano/a ou residente en España ou Andorra,, para participar no Instituto de Verán Benjamin Franklin 2013, programa financiado polo Departamento de Estado dos Estados Unidos para promover as relacións entre as novas xeracións de europeos, asiáticos e norteamericanos.

O/a estudante seleccionado/a participará nun programa intensivo enfocado nos asuntos globais aos que se enfrontan os/as mozos/as a ambos os dous lados do Atlántico.

O Instituto terá lugar nunha localidade norteamericana - aínda por determinar -durante tres ou catro semanas en xuño-xullo de 2013 e reunirá aproximadamente a 35 estudantes de distintos países de Europa e Asia Central con 10 estudantes norteamericanos/as. Os/as participantes levarán a cabo unha gran variedade de actividades: seminarios, programas de apoio comunitario e voluntariado, viaxes de estudo e eventos culturais. Traballarán nun proxecto conxunto e explorarán como os/as mozos/as de hoxe interactúan cos medios de comunicación, tanto na súa faceta de consumidores como de produtores de información. Abordarán tamén como a liberdade de expresión impón ás persoas cidadás tanto dereitos como responsabilidades.

Dotación: todos os gastos (viaxe, aloxamento, manutención, seguro médico e de accidentes e visado) correrán por conta do Departamento de Estado dos Estados Unidos de América.

Gallego
logo-BF

Convocatoria de becas para participar no Instituto de verán Benjamin Franklin 2013 nos Estados Unidos de América para mozos/as entre 16 e 18 anos

Gallego

A Embaixada dos Estados Unidos en España selecciona un/unha estudiante español/a,  andorrano/a ou residente en España ou Andorra,, para participar no Instituto de Verán Benjamin Franklin 2013, programa financiado polo Departamento de Estado dos Estados Unidos para promover as relacións entre as novas xeracións de europeos, asiáticos e norteamericanos.

O/a estudante seleccionado/a participará nun programa intensivo enfocado nos asuntos globais aos que se enfrontan os/as mozos/as a ambos os dous lados do Atlántico.

O Instituto terá lugar nunha localidade norteamericana - aínda por determinar -durante tres ou catro semanas en xuño-xullo de 2013 e reunirá aproximadamente a 35 estudantes de distintos países de Europa e Asia Central con 10 estudantes norteamericanos/as. Os/as participantes levarán a cabo unha gran variedade de actividades: seminarios, programas de apoio comunitario e voluntariado, viaxes de estudo e eventos culturais. Traballarán nun proxecto conxunto e explorarán como os/as mozos/as de hoxe interactúan cos medios de comunicación, tanto na súa faceta de consumidores como de produtores de información. Abordarán tamén como a liberdade de expresión impón ás persoas cidadás tanto dereitos como responsabilidades.

Dotación: todos os gastos (viaxe, aloxamento, manutención, seguro médico e de accidentes e visado) correrán por conta do Departamento de Estado dos Estados Unidos de América.

Sección: 

Convócanse prazas de estadías profesionais en Alemaña, Austria, Francia, Reino Unido e Suíza, para profesorado de linguas estranxeiras ou profesorado doutras disciplinas que imparta clase en lingua estranxeira pertencentes a distintos corpos

Gallego

Xúntase Resolución do 17 de decembro de 2012, da Secretaría de Estado de Educación, Formación Profesional e Universidades, pola que se convocan prazas de estadías profesionais en Alemaña, Austria, Francia, Reino Unido e Suíza, para profesorado de linguas estranxeiras ou profesorado doutras disciplinas que imparta clase en lingua estranxeira pertencentes aos corpos de Mestres de Educación Infantil e Primaria, Profesores de Ensino Secundario, Catedráticos de Ensino Secundario, Profesores de Escolas Oficiais de Idiomas, Catedráticos de Escolas Oficiais de Idiomas, Profesores Técnicos de Formación Profesional, Profesores de Música e Artes Escénicas e Profesores de Artes Plásticas e Deseño e para centros educativos que desexen acoller a un docente dun destes países para o curso 2012-2013.

  • O prazo de presentación de solicitudes e documentación acreditativa será de vinte días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación desta Resolución no Boletín Oficial do Estado

Colectivo: 

Auxiliares de conversa en centros públicos. Renovación para o curso 2013/2014

Gallego

Desde o día 10 de xaneiro ata o 2 de abril de 2013 está aberto en Profex o prazo de renovación no Programa auxiliares de conversa estranxeiros/as para o curso 2013/2014. Aquelas persoas, que estean desempeñando esta función en centros públicos galegos no presente curso, deberán ter en conta o seguinte:

- Auxiliares de China, Italia e Portugal non poderán renovar.
- Auxiliares do Reino Unido terán que realizar a solicitude a través do British Council e os/as auxiliares de Bélxica de lingua francesa a través de Wallonie-Bruxelles International. A resolución destes/as candidatos/as será ao redor do mes de maio.
- O resto de auxiliares solicitarán a renovación vía Profex dentro do prazo sinalado anteriormente, para o que achegarán dous documentos á súa solicitude en Profex: unha carta de motivación e un informe favorable do centro no que están destinados/as este curso.

Sección: 

Auxiliares de conversa en centros públicos. Renovación para o curso 2013/2014

Desde o día 10 de xaneiro ata o 2 de abril de 2013 está aberto en Profex o prazo de renovación no Programa auxiliares de conversa estranxeiros/as para o curso 2013/2014. Aquelas persoas, que estean desempeñando esta función en centros públicos galegos no presente curso, deberán ter en conta o seguinte:

- Auxiliares de China, Italia e Portugal non poderán renovar.
- Auxiliares do Reino Unido terán que realizar a solicitude a través do British Council e os/as auxiliares de Bélxica de lingua francesa a través de Wallonie-Bruxelles International. A resolución destes/as candidatos/as será ao redor do mes de maio.
- O resto de auxiliares solicitarán a renovación vía Profex dentro do prazo sinalado anteriormente, para o que achegarán dous documentos á súa solicitude en Profex: unha carta de motivación e un informe favorable do centro no que están destinados/as este curso.

O/as candidatos/as deberán subir esta documentación a Profex.

Os /as auxiliares que desexen permanecer na Comunidade Autónoma de Galicia deberán cumprimentar o formulario e enviar a solicitude (Profex) :
Programa de auxiliares de conversa
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa
Asesoría de linguas estranxeiras
Edificio Administrativo de San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela (A Coruña)

Pola contra, aqueles/as que desexen cambiar de Comunidade Autónoma, enviarana ao Ministerio de Educación, Cultura y Deporte:
Programa de Auxiliares de Conversación Extranjeros (Despacho 516)
Ministerio de Educación, Cultura y Deporte -Subdirección General de Promoción Exterior Educativa
Paseo del Prado, 28, 5ª planta
28014 Madrid

É necesario só o envío da folla de solicitude asinada que xera a aplicación Profex ao completar o proceso de inscrición.

Importante saber que o/a candidato/a terá de prazo 5 días para aceptar ou renunciar ao seu destino (Profex indicará ese tempo na mensaxe de adxudicación de destino).

Para calquera incidencia relacionada coa aplicación informática Profex, deberán pórse en contacto cos xestores/as de Profex a través dos teléfonos e os enderezos facilitados en Profex: profex.soporte@educacion.es, auxiliares.extra@mecd.es, tf-91 5065596.

                                                              _______________________________________________________________________________________________

Desde el día 10 de enero hasta el 2 de abril de 2013 está abierto en Profex el plazo de renovación en el Programa auxiliares de extranjeros/as para el curso 2013/2014. Aquellas personas que están desempeñando esta función en centros públicos gallegos en el presente curso deberán tener en cuenta lo seguinte:

- Auxiliares de China, Italia e Portugal no podrán renovar.
- Auxiliares del Reino Unido tendrán que realizar la solicitud a través del British Council y los auxiliares de Bélgica de lengua francesa a través de Wallonie-Bruxelles International. La resolución de estos/as candidatos/as será alrededor del mes de mayo.
- El resto de auxiliares solicitarán la renovación vía Profex dentro del plazo señalado anteriormente, para lo cual adjuntarán dos documentos a su solicitud en Profex: una carta de motivación y un informe favorable del centro en el que están destinados/as este curso.

Los/las candidatos/as deberán subir esta documentación a Profex.

Los/las auxiliares que deseen permanecer en la Comunidad Autónoma de Galicia deberán completar el formulario e enviar la solicitude (Profex)a:
Programa de auxiliares de conversa
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa
Asesoría de linguas estranxeiras
Edificio Administrativo de San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela (A Coruña)

Por el contrario, aquellos/as que deseen cambiar de Comunidad Autónoma, la enviarán al Ministerio de Educación, Cultura y Deporte:
Programa de Auxiliares de Conversación Extranjeros (Despacho 516)
Ministerio de Educación, Cultura y Deporte -Subdirección General de Promoción Exterior Educativa
Paseo del Prado, 28, 5ª planta
28014 Madrid

Es necesario sólo el envío de la hoja de solicitud firmada que genera la aplicación Profex al completar el proceso de inscripción.

Importante saber que el/la candidato/a tendrá de plazo 5 días para aceptar o renunciar a su destino (Profex indicará ese tiempo en el mensaje de adjudicación de destino).

Para cualquier incidencia relacionada con la aplicación informática Profex, deberán ponerse en contacto con los gestores/as de Profex a través de los teléfonos y las direcciones facilitadas en  Profex: profex.soporte@educacion.es,auxiliares.extra@mecd.es, tf-91 5065596.
 

Gallego
logo_auxiliares