Gallego

Apertura das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de filosofía e no corpo de profesores técnicos de formación profesional, especialidade de patronaxe e confección

Gallego

Resolución do 18 de xaneiro de 2019 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de filosofía e no corpo de profesores técnicos de formación profesional, especialidade de patronaxe e confección.

  • O prazo para formular solicitudes será de cinco días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución.
Servizo relacionado: 
Colectivo: 
Sección: 

Convocatoria para a realización de proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística para os centros docentes de titularidade da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional durante o curso académico 2018/2019

Gallego

A Secretaría Xeral de Política Lingüística e mais a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa convocan a participación en proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística para os centros docentes de titularidade pública da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional durante o curso académico 2018/2019.

Ao abeiro desta convocatoria, seleccionaranse cinco proxectos, que terán a consideración de excelentes; cada un deles recibirá unha dotación económica de 2 000 euros.

O profesorado implicado activamente no desenvolvemento dos 5 proxectos seleccionados recibirá unha certificación de Primeiro Premio de Innovación Educativa, cunha equivalencia de 30 horas de formación permanente do profesorado para a persoa coordinadora e de 20 horas para o profesorado participante.

  • O prazo de presentación das solicitudes rematará o día 15 de febreiro de 2019.​

 

Colectivo: 

Relación provisional de persoas seleccionadas e non seleccionadas, a relación de persoas excluídas provisionais e o baremo provisional no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia na Escola...

Gallego

Resolución do 11 de xaneiro de 2019, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación provisional de persoas seleccionadas e non seleccionadas, a relación de persoas excluídas provisionais e o baremo provisional no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia no corpo de profesores de música e artes escénicas, especialidade de expresión corporal (594449).

  •  Prazo de reclamación de tres días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta publicación.

 

Colectivo: 
Sección: 

Convocatoria para a solicitude de renovación das persoas auxiliares de conversa para o curso 2019/2020. Centros públicos

Gallego

Información en galego, castelán e inglés relativa ao proceso de renovación no Programa de Auxiliares de Conversa en Galicia. Contén ligazóns á información e aos documentos a descargar. Estas instrucións van dirixidas aos participantes no programa de auxiliares de conversa en activo durante o curso 2018/2019 que desexen renovar no programa durante o curso 2019/2020.

 

Colectivo: 

Ampliación do prazo de presentación das solicitudes de participación nos premios a curtas de animación en galego elaboradas no marco do programa Nós tamén creamos! para o curso académico 2018/2019

Gallego

A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura e Turismo e a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional amplían o prazo para presentar solicitudes para os premios a curtas de animación en galego elaboradas no marco do Programa Nós tamén creamos! para o curso académico 2018/2019, convocados ao abeiro da Resolución da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura e Turismo e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional pola que se aproban as bases e se convocan os premios a curtas de animación en galego elaboradas no marco do Programa Nós tamén creamos! para o curso académico 2018/2019.

  • O novo prazo de presentación de solicitudes rematará o 18 de xaneiro de 2019 (incluído).
Sección: 

Proxectos de formación para o profesorado de FP para o curso 2018/2019

Gallego

Publicada a convocatoria de proxectos de formación do profesorado de formación profesional que se van implantar no curso 2018-2019 en centros públicos dependentes da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

 

Colectivo: 
Sección: 

Apertura das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia no corpo de profesores de música e artes escénicas, especialidade de dramaturxia (594446)

Gallego

Resolución do 8 de xaneiro de 2019, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia no corpo de profesores de música e artes escénicas, especialidade de dramaturxia (594446).

  • O prazo para formular solicitudes será de cinco días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no portal de Internet da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

 

Servizo relacionado: 
Colectivo: 
Sección: 

Curso de actualización para o desenvolvemento da función directiva

Gallego

Resolución do 20 de decembro de 2018, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convoca o Curso de actualización para o desenvolvemento da función directiva.

  • O prazo de presentación de solicitudes será de dez días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A Lei orgánica 8/2013, de 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa, modificou o artigo 134.1 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, incluíndo entre os requisitos para poder participar no concurso de méritos para a selección de directores e directoras de centros públicos "estar en posesión da certificación acreditativa de ter superado o curso de formación sobre o desenvolvemento da función directiva".

Este curso de formación proporcionará as competencias xenéricas e especificas para o desenvolvemento da función directiva, e as súas características quedaron recollidas e reguladas polo Real Decreto 894/2014, do 17 de outubro, do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte. Nel se recolle, na disposición transitoria única, respecto da participación nos procedementos selectivos de dirección de centros públicos, a suficiencia do curso de actualización de competencias directivas para quen estea en posesión de habilitacións ou acreditacións de dirección de centros públicos expedidas con anterioridade á data de entrada en vigor da Lei Orgánica 8/2013, e para quen se atopase ocupando postos de director ou directora en centros docentes públicos á data de entrada en vigor da Lei Orgánica 8/2013 ou durante os cinco anos seguintes.

A inscrición e xestión deste curso de actualización realizarase a través da aplicación FProfe: https://www.edu.xunta.es/fprofe

Ofértanse as seguintes prazas:

Provincia

Prazas

A Coruña

75

Lugo

50

Ourense

50

Pontevedra

75

Total

250

 

O curso terá unha duración de 75 horas que se desenvolverán en rede, a través de Platega (https://www.edu.xunta.es/platega2), contando tamén con sesións presenciais que se realizarán de xeito centralizado. A súa temporalización está prevista para os meses de xaneiro a marzo de 2019, e constará de sete módulos temáticos, que será preciso superar para obter a certificación. Quen, resultando admitido, estea en posesión dun máster ou título de posgrao de carácter oficial sobre a dirección e xestión de centros docentes quedará exento da realización e avaliación de todos os módulos troncais, agás o referido ao Proxecto de dirección.

 

Servizo relacionado: 
Colectivo: 
Sección: 

Resolución definitiva da convocatoria de Clubs de Lectura para o curso 2018/2019

Gallego

A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos publica con data 31 de decembro a Resolución da convocatoria de Clubs de lectura, de 4 de setembro, destinada a centros públicos de ensino secundario para o curso 2018/2019.

Xúntase arquivo coa relación definitiva de solicitudes admitidas e excluídas, xunto coas contías asignadas.

Colectivo: 
Sección: