Gallego

Proposta didáctica para a película "A pesar de todo, quérote"

Xa está ao dispor da comunidade educativa a proposta didáctica para traballar na aula a película A pesar de todo, quérote. A proposta preséntase en Moodle desde a Aula Abalar acompañada do telefilme, que se ofrece en streaming para a súa emisión gratuíta nos centros de ensino. Esta unidade didáctica arranca cunha pequena introdución técnica sobre o seu funcionamento didáctico e logo ofrece a través de cinco módulos os contidos que se van desenvolver; complétase cos recursos que poden favorecer o labor do profesorado e remata cunha proposta de traballo para afondar na educación viaria como proxecto de centro.

En canto aos contidos, a proposta de traballo que se ofrece centra o seu foco de atención sobre o tratamento da educación en valores, facendo fincapé na educación emocional, na educación viaria e mais na educación para a saúde. A metodoloxía de traballo que se propón é a realización de actividades antes, durante e despois do visionado do filme para afondar logo no desenvolvemento da aprendizaxe. Ao final de cada módulo ofrécese unha tarefa que contribúa ao afianzamento do coñecemento adquirido co espírito do traballo por proxectos. Debido á sensibilidade dos temas que se tratan na película, son as actividades as que van orientando o alumnado para que constrúan pouco a pouco as relacións que existen entre a inmadurez emocional, os factores de risco, as condutas nocivas... a partir das súas sensibilidades, das súas experiencias e dos seus intereses.

Ademais, a unidade aborda o tratamento da linguaxe cinematográfica para achegar o cine como recurso didáctico para comprensión da nosa realidade cotiá e de nós mesmos. A verosimilitude da ficción representada, a idade dos personaxes protagonistas e a actualidade dos temas abordados ofrecen un marco de traballo óptimo para que o alumnado se achegue con curiosidade aos produtos audiovisuais con sentido crítico e mais con interese estético.

A pesar de todo, quérote (2011) foi dirixida por Jorge Algora e cedida pola súa produtora, Adivina Producciones, para o desenvolvemento desta proposta didáctica nos centros de ensino.

Gallego
Secuencia

Colectivo: 

XVI Certame de Poesía "Francisco Añón" do Concello de Outes (A Coruña)

Este certame creado en 1997 en memoria do insigne poeta de Outes Francisco Añón, ten como obxectivo ser un aliciente para a creación literaria en lingua galega, concretamente no ámbito da poesía. Este ano, ademais, cúmprese o bicentenario do nacemento do poeta.

Poderán participar todas as persoas interesadas, de calquera nacionalidade que presenten os orixinais escritos en Lingua Galega. Os textos presentados deberán ser inéditos.

Categorías:

  • A: Nenos/as de 6 a 7 anos. Premios:
    • 1º Clasificado: vale de 90 € en libros e publicación da obra galardoada.
    • Accésit: Publicación da obra.
  • B: Nenos/as de 8 a 9 anos. Premios:
    • 1º Clasificado: vale de 120 € en libros e publicación da obra galardoada.
    • Accésit: Publicación da obra.
  • C: Nenos/as de 10 a 11 anos. Premios:
    • 1º Clasificado: vale de 150 € en libros e publicación da obra galardoada.
    • Accésit: Publicación da obra.
  • D: Rapaces e rapazas de 12 a 14 anos. Premios:
    • 1º Clasificado: vale de 180 € en libros e publicación da obra galardoada.
    • Accésit: Publicación da obra.
  • E: Mozos e mozas de 15 a 17 anos. Premios:
    • 1º Clasificado: cheque por valor de 450 € e publicación da obra galardoada.
    • Accésit: Publicación da obra.
  • F: Maiores de 18 anos. Premios:
    • 1º Clasificado: cheque por valor de 1200 € e publicación da obra galardoada.
    • Accésit: Publicación da obra.

Para as categorías E e F, as obras terán unha extensión mínima de 150 versos.

O prazo de presentación rematará o luns 9 de abril de 2012.

 

Gallego
XVI Certame de Poesía "Francisco Añón"

Sección: 

"A Esmorga: percorrido cultural pola cidade de Ourense" do IES Cidade de Antioquía e IES Lagoa de Antela de Xinzo de Limia (Ourense) 2º premio de Innovación Educativa 2010 Modalidade B (Introdución das competencias básicas na aula dixital) ESO/Bacharelato

Sinopse:

Actividade que parte da liña argumental da novela "A Esmorga" de Eduardo Blanco Amor, facendo un percorrido polo Ourense artístico, histórico, mitolóxico, arquitectónico e científico. Esto aporta ao alumnado as ferramentas necesarias para interpretar e coñecer a realidade dunha cidade como Ourense.

Nivel: Bacharelato

Autores:

Coordinador: Víctor Javier Pérez Baltar.

Participantes:

Concepción Rúa González

Tomás García García

Jesús Manuel Vázquez Sánchez

Materiais (anexos):

  • Memoria do proxecto.
  • Tres épocas, tres estilos.
  • Vocabulario artístico.
  • A ruta de "A Esmorga".
  • Mitoloxía en Ourense.
  • Percorrido polo Ourense artístico.
  • Portas e murallas de Ourense.
  • Material para o alumnado
Gallego
"A Esmorga: percorrido cultural pola cidade de Ourense"

Ensinanza: 

Sección: 

LOM Sistema de representación de información: 

LOM Contido didáctico: