Contacto
Enviado por ue144409 a Mar, 22/06/2021 - 11:05Teléfonos:
- 981 546 541
- 881 997 249
Enderezos de correo:
Tema:
Sección:
Teléfonos:
Enderezos de correo:
Tema:
Sección:
Actualización do Marco de Referencia da Competencia Dixital Docente
As Comunidades Autónomas e o Ministerio de Educación e Formación Profesional estimaron necesario actualizar o marco aprobado o 14 de maio de 2020 e adecualo ao novo contexto educativo, partindo dun enfoque diferente, centrado nas funcións profesionais do profesorado.
É unha proposta de marco dirixida a todo o profesorado que imparte os ensinos regulados pola Lei Orgánica de Educación, na que se buscou a converxencia cos marcos europeos de competencia dixital cidadá, dos educadores e dos centros educativos, elaborados polo Joint Research Centre da Comisión Europea. Partindo do DigCompEdu, realizouse unha adaptación ao contexto educativo do Estado español e modificouse o criterio para establecer os niveis do marco europeo con obxecto de adoptar un que se axuste ás fases do desenvolvemento profesional docente, desde a súa formación inicial e a súa incorporación á profesión, ata un exercicio experto, reflexivo, creativo e crítico da docencia, no que as tecnoloxías dixitais non son un fin, senón un medio máis para que todo o alumnado mellore as súas aprendizaxes.
Para esta actualización constituíuse un relatorio dependente do Grupo de Traballo de Tecnoloxías da Aprendizaxe (GTTA), formada por representantes de todas as Administracións educativas, que, durante 2021, estivo traballando na revisión e actualización do marco anterior. A versión actualizada do Marco de Referencia da Competencia Dixital Docente foi aprobada pola Conferencia Sectorial de Educación na reunión do 30 de marzo de 2022 e publicado no BOE do 16 de maio de 2022:
Resolución do 4 de maio de 2022, da Dirección Xeral de Avaliación e Cooperación Territorial, pola que se publica o Acordo da Conferencia Sectorial de Educación, sobre a actualización do marco de referencia da competencia dixital docente.
Normativa Plan Dixital
Resolución do 7 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se seleccionan, con carácter experimental, os centros docentes públicos que constituirán a Rede Galega de Educación Dixital, para o curso 2021-2022. O prazo de solicitude rematará o día 22 de setembro de 2021.
Resolución COMPLEMENTARIA á Resolución definitiva dos centros docentes admitidos
Plans de Formación Permanente do Profesorado (PFPP)
Instrucións para o inicio de curso
Tema:
Sección:
A competencia dixital no ámbito educativo de Galicia vertébrase a través dos tres marcos europeos elaborados polo Centro Común de Investigación (Joint Research Centre, JRC) da Comisión Europea:
• O marco europeo da competencia dixital docente (DigCompEdu nas súas siglas en inglés) é a referencia para o desenvolvemento da competencia dixital do profesorado. A tradución ao galego pode descargarse nesta ligazón e así como unha folla resumo do marco nesta outra.
• O marco europeo para as organizacións educativas dixitalmente competentes é a referencia para os centros educativos e para a elaboración do plan dixital de centro.
• O marco europeo da competencia dixital para os cidadáns é a referencia para a competencia dixital do alumnado. Nesta ligazón, a versión en castelán.
NOVIDADES
Acordo da Conferencia Sectorial de Educación, sobre a actualización do marco de referencia da competencia dixital docente.
Apertura do prazo do TestCDD en FProfe para docentes (do 08/02/2022 ao 28/02/2022). Prema na ligazón Pasos a seguir para a realización do TestCDD
Prema na ligazón á Presentación do Plan dixital. Temporalización das accións (03/02/2022)
File:
Tema:
Sección: