Desmutea á infancia! [1]
Enviado por boletin a Ven, 06/11/2020 - 12:05Como cada 20 de novembro celébrase o Día Universal da Infancia. O Día da Infancia é unha data na que todos estamos invitados a reflexionar sobre os dereitos da infancia, os nenos, nenas e adolescentes, os primeiros. Unicef propón celebrar este día cun conxunto de actividades para reflexionar sobre as habilidades de comunicación necesarias para poder exercer o dereito á participación e a liberdade de expresión e conmemorar este día.
Hai moitos temas que lles afectan directamente e que forman parte das súas preocupacións diarias: o dereito a un medio ambiente saudable, o cambio climático e as súas inquedanzas sobre as enfermidades do futuro son algúns deles. Pero as súas voces queda as veces “en mute” porque damos prioridade ás opinións dos adultos. Non poden nin deben permanecer en silencio ese día!
A actividade Desmutea a Infancia pode adpatarse ás necesidades e grado de coñecemento e madureza de cada grupo.
Dirixida a primaria e a secundaria
Máis información: https://www.unicef.es/gal/educa/quitaomute [2]
Tema:
Sección: