Publicación da Resolución provisional de destinos provisionais entre o persoal do corpo de mestres para o curso académico 2019/2020 [1]
Enviado por administrador a Ven, 26/07/2019 - 17:13De acordo co establecido no punto cuarto da Resolución do 21 de xuño de 2019 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos (Diario Oficial de Galicia nº 120, do 26 de xuño), publícase a resolución provisional de adxudicación de destinos provisionais entre o persoal do corpo de mestres para o curso académico 2019/2020.
O prazo para formular reclamacións ou renuncias é o comprendido entre o día 29 e o 30 de xullo, ambos incluídos. As reclamacións ou renuncias formularanse en todo caso por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal [2]). De formular a reclamación ou a renuncia de xeito presencial a persoa que a realice presencialmente será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da reclamación aquela en que foi realizada a emenda.