Certame de relatos científicos Inspiraciencia 2018 [1]
Enviado por boletin a Ven, 06/04/2018 - 13:39Descrición
O Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) convoca a oitava edición do certame de relatos literarios de inspiración científica Inspiraciencia, co apoio da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía.
Prazo
O prazo de presentación de relatos pecharase o 17 de maio de 2018.
Obxectivo e temática
O obxectivo de Inspiraciencia é fomentar a creación literaria como forma libre e persoal de achegamento ao pensamento científico e de explorar realidades antes non imaxinadas.
Requisitos
Poderá participar calquera persoa que presente un relato orixinal, en calquera das linguas do concurso (catalán, castelán, eúscaro e galego), que estea inspirado nunha temática científica.
Os orixinais estarán escritos en catalán, castelán, eúscaro ou galego. Deberán ser inéditos e non ser premiados en ningunha outra convocatoria, certame ou premio literario, nin ser publicados en ningún outro medio ou blogue persoal.
Modalidade e categorías
O concurso ten unha única modalidade competitiva: relato curto dunha extensión máxima de 800 palabras.
Poderase participar nunha das seguintes categorías:
- Adulto/a (a partir de 18 anos), para participantes maiores de idade na data de peche do prazo.
- Mozo (de 12 a 17 anos), é dicir, menores de 18 anos na data de peche do prazo.
Cada participante poderá presentar un máximo de catro relatos, sempre que estean escritos en linguas distintas. Os relatos dun mesmo participante deberán ser orixinais e non se poderá presentar un mesmo relato en distintas linguas.
Premios
Como novidade desta edición, entregarase un premio accésit Feynman aos relatos de calquera categoría e lingua que traten a obra ou a figura de Richard Feynman; como parte dos actos conmemorativos do seu nacemento que organiza a Associació Catalá de Comunicació Científica.
Xurado
O xurado estará integrado por persoas do ámbito da cultura en sentido amplo (ciencia, literatura, arte, divulgación).
Bases
Tema:
Sección: