Dispoñible o banco de contidos de aulaPlaneta no Entorno Virtual de Aprendizaxe (EVA) [1]
Enviado por administrador a Mar, 13/03/2018 - 23:29Desde este luns 12 de marzo xa está dispoñible no EVA o acceso ao banco de contidos de aulaPlaneta. Trátase dunha ferramenta coa que a comunidade educativa (profesorado, alumnado…) pode ampliar e enriquecer a súa información coa consulta ao banco de contidos dixitais. Ofrece a posibilidade de buscar unha información de diversas maneiras: a través do buscador de texto, do buscador visual, mediante procuras temáticas, etc.
Inclúe máis de 400.000 recursos educativos non curriculares para fomentar a indagación e profundización do alumnado e do profesorado, e que conta con animacións, fotografías e gráficos de alta calidade, vídeos e fragmentos sonoros, estatísticas actualizadas, atlas mundial, cronoloxías, artigos de temas de actualidade e un navegador visual.
- Máis información [2]
Tema:
Sección: