Composición dos tribunais que xulgarán a proba de acreditación do coñecemento da lingua galega e castelá no concurso-oposición ao corpo de inspectores de educación, secundaria, técnicos de formación profesional e mestres para o ano 2016 [1]
Enviado por administrador a Mér, 08/06/2016 - 08:40Xúntanse as Resolucións de 31 de maio de 2016, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se procede a nomear e facer pública a composición dos tribunais que xulgarán a proba de acreditación do coñecemento da lingua galega e da lingua castelá nos procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de inspectores de educación, ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores técnicos de formación profesional, ao corpo de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia convocados pola Orde do 4 de abril de 2016 (Diario Oficial de Galicia de 19 de abril), e pola que se fai pública a data, a hora e o lugar no que se realizará a proba de acreditación do coñecemento da lingua galega nos citados procedementos selectivos.