Premios nacionais de educación secundaria obrigatoria correspondentes ao curso 2012/2013

Ven, 30/08/2013 - 16:19

O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte convocou a través da Resolución do 29 de xullo de 2013, da Secretaría de Estado de Educación, Formación Profesional e Universidades (BOE do 20 de agosto), os premios nacionais de educación secundaria obrigatoria correspondentes ao curso 2012-2013.

De acordo ao establecido no Anexo V da Resolución do 29 de xullo de 2013:

I. Convocatoria: Convócanse 10 premios nacionais de educación secundaria obrigatoria correspondentes ao curso 2012-2013, cunha dotación de 1000€ cada un.

II. Destinatarios: Alumnos de centros españois que cursaron cuarto curso de educación secundaria obrigatoria durante o curso académico 2012-2013.

III. Requisitos:  

a. Ter cursado toda a educación secundaria obrigatoria en calquera dos centros docentes españois, ben en réxime presencial, ben en réxime a distancia.

b. Ter obtido unha nota media igual ou superior a 9,0.

c. Ter obtido cualificación final de sobresaliente nas materias obxecto da proba. Ver Resolución do 29 de xullo de 2013.

De conformidade co recollido no artigo sexto da citada Resolución do 29 de xullo de 2013:

I. Participación: Para participar deberase acceder á sede electrónica do Ministerio de Educación, Cultura y Deporte: https://sede.educacion.gob.es, sección “Trámites y servicios”.

II. Prazo de presentación das solicitudes: vinte días hábiles a partir do día 15 de outubro de 2013.

III. Forma de presentación de solicitudes:

a. De posuír DNI electrónico ou certificado electrónico a solicitude pódese encher e presentar directamente na sede electrónica do Ministerio: https://sede.educacion.gob.es.

b. Se non se posúe DNI electrónico ou certificado electrónico o solicitante encherá a solicitude na sede electrónica do Ministerio e obterá un impreso oficial da mesma en soporte papel co fin de que, unha vez asinado, o presente no rexistro do Ministerio (C/ Los Madrazo, 15-17, 20801 Madrid) ou por calquera das formas previstas na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas de Procedemento Administrativo Común.

Máis información:

  • Servizo de Avaliación e Calidade do Sistema Educativo. Subdirección Xeral de Inspección, Avaliación e Calidade do Sistema Educativo. Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa. Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
  • Teléfono: 881 997 383