Premios nacionais de bacharelato correspondentes ao curso 2012-2013

Ven, 30/08/2013 - 14:40

O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte convocou a través da Resolución do 29 de xullo de 2013, da Secretaría de Estado de Educación, Formación Profesional e Universidades (BOE do 20 de agosto), os premios nacionais de bacharelato correspondentes ao curso 2012-2013.

De acordo ao establecido no Anexo V da Resolución do 29 de xullo de 2013:

I.        Convocatoria: Convócanse 15 premios nacionais de bacharelato correspondentes ao curso 2012-2013, cunha dotación de 1000€ cada un.

II.        Destinatarios: Poderá concorrer aos premios nacionais de bacharelato o alumnado que, cursando segundo curso de bacharelato durante o curso académico 2012-2013, resultara merecedor dun premio extraordinario de bacharelato no ámbito da Administración educativa na que finalizase ditas ensinanzas.

De conformidade co recollido no artigo sexto da citada Resolución do 29 de xullo de 2013 as solicitudes presentaranse do xeito seguinte:

I.        Participación: Para participardeberá acceder á sede electrónica do Ministerio de Educación, Cultura y Deporte: https://sede.educacion.gob.es, sección “Trámites y servicios”.

II.        Prazode presentación das solicitudes: vinte días hábiles a partir do día 15 de outubro de 2013.

III.        Presentación das solicitudes:

a.    De posuír DNI electrónico ou certificado electrónico a solicitude pódese encher e presentar directamente na sede electrónica do Ministerio: https://sede.educacion.gob.es.

b.    Se non se posúe DNI electrónico ou certificado electrónico o solicitante encherá a solicitude na sede electrónica do Ministerio e obterá un impreso oficial da mesma en soporte papel co fin de que, unha vez asinado, o presente no rexistro do Ministerio (C/ Los Madrazo, 15-17, 20801 Madrid) ou por calquera das formas previstas na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas de Procedemento Administrativo Común.

Máis información:

  • Servizo de Avaliación e Calidade do Sistema Educativo. Subdirección Xeral de Inspección, Avaliación e Calidade do Sistema Educativo. Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa. Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
  • Teléfono: 881997383