Modificación dos concertos educativos cos centros docentes privados de educación infantil, educación primaria, ESO, educación especial e de formación profesional

Gallego

Xntase a Orde do 10 de agosto de 2015 pola que se modifican os concertos educativos con centros docentes privados de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria, educación especial e de formación profesional.

Colectivo: 

A Consellería de Cultura e Educación celebra que o Ministerio acceda á petición galega de flexibilizar o Real Decreto de avaliacións

O ministro explicou hoxe na Conferencia Sectorial de Educación que as CCAA terán maior autonomía para aplicación da proba de 6º de Primaria
As avaliacións de ESO e Bacharelato regularanse nunha normativa á parte
Ademais atendeuse a solicitude de incrementar a taxa de reposición para os docentes
Gallego
 A Consellería de Cultura e Educación celebra que o Ministerio acceda á petición galega de flexibilizar o Real Decreto de avaliacións
A Consellería de Cultura e Educación celebra que o Ministerio acceda á petición galega de flexibilizar o Real Decreto de avaliacións

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, valorou esta tarde moi positivamente a decisión do Ministerio de Educación, Cultura y Deporte de flexibilizar o Real Decreto de Avaliacións, de tal forma que se separen en normativas diferentes as etapas de Primaria e de Secundaria. Deste xeito o Goberno central atende á solicitude formulada polo conselleiro ao ministro Íñigo Méndez de Vigo de dar unha maior autonomía ás Comunidades Autónomas para aplicar a proba de 6º de Primaria, que se realizará por primeira vez no curso 2015/2016.

A decisión, anunciada esta tarde na Conferencia Sectorial de Educación celebrada en Madrid, supón que a avaliación de final de etapa de primaria poderá ser adaptada polas CCAA ás súas particularidades na liña da de 3º de Primaria. Isto facilitará, ao tempo, a debida atención ás linguas cooficiais, unha solicitude tamén formulada diante do Ministerio na anterior Conferencia, no mes de abril.

No caso das probas de ESO e Bacharelato, e tendo en conta que non terán efectos académicos ata o curso 2017/2018, o Ministerio comprometeuse a continuar analizando as achegas construtivas das administracións educativas autonómicas co fin de construír un modelo común que, á vez, sexa adaptable ás necesidades de cada parte.

Ademais, o departamento dirixido por Román Rodríguez celebra que o Ministerio decidira atender a súa solicitude de incrementar a taxa de reposición para os docentes.

Libros de texto
No referente ao reparto do orzamento que o Ministerio destinará no 2016 a libros de texto e material curricular, o conselleiro celebrou que o Goberno central retome esta liña de apoio ás CCAA, grazas á que Galicia recibirá 1,6 millóns de euros. Con todo, trasladou ao Ministerio a necesidade de ter en conta en vindeiros anos novos criterios de reparto destes fondos, tales como o esforzo realizado por cada Comunidade Autónoma en materia de axudas á adquisición de libros de texto.

Neste sentido cómpre lembrar que Galicia é neste momento, e con moita diferenza respecto das outras, a Comunidade que máis cobertura dá ás familias que máis o precisan para o acceso aos manuais, tendo en conta que boa parte das CCAA suprimiron estas liñas de axudas nos últimos cursos.

Aplicación da LOMCE
Durante a súa intervención o conselleiro reiteroulle ao ministro a súa lealdade institucional e respecto á normativa vixente, nomeadamente a Lei para a Mellora da Calidade Educativa (LOMCE). Para a súa aplicación co máximo éxito, incidiu na necesidade de que o Ministerio se comprometa a apoiar ás CCAA no eido económico, co fin de garantir que se contarán cos recursos necesarios en ámbitos como a reforma de instalacións para a implantación da FP Básica.

Así mesmo fixo fincapé na necesidade de que todas as administracións traballen da man para que iniciativas da nova lei como son os programas de mellora da aprendizaxe e do rendemento se desenvolvan, coa estreita colaboración dos centros de ensino, de maneira axeitada e, desta forma, redunden nunha mellora real da calidade educativa en un incremento do éxito escolar.

A Consellería de Cultura e Educación oferta 44 cursos de linguaxe administrativa galega e preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega (Celga) nas distintas escolas oficiais de idiomas de Galicia

Gallego
A formación será totalmente gratuíta e ofrecerase en dous cuadrimestres, desde outubro deste ano ata maio de 2016

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a convocatoria dun total de 44 cursos para a mellora das competencias na lingua propia de Galicia, nomeadamente de Linguaxe Administrativa Galega – nas modalidades presencial e en liña, nivel medio e superior- e preparatorios para as probas de acreditación da certificación de lingua galega (Celga).

A formación dividirase en dous cuadrimestres e estenderase entre outubro de 2015 a maio de 2016, en horario de mañá ou de tarde nas escolas oficiais de idiomas das sete cidades galegas. O prazo para solicitar participar nos cursos do primeiro cuadrimestre estará aberto ata o 11 de setembro; e ata o 14 de decembro para os do segundo. Todos eles teñen carácter gratuíto

Poderán beneficiarse da formación en Linguaxe Administrativa Galega, en xeral, o persoal das diferentes administracións públicas de Galicia, agás as excepcións indicadas na convocatoria. Os cursos preparatorios do Celga están dirixidos a todas as persoas maiores de dezaseis anos, ou aquelas que os fagan no ano natural da convocatoria, que desexen preparar as probas convocadas pola Secretaría Xeral de Política Lingüística para certificar a súa competencia en lingua galega.

Os termos da convocatoria e o contido e o número e horario de cursos pode consultarse no Diario Oficial de Galicia de hoxe e no enlace web http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150813/AnuncioG0164-040815-0004_gl.html .

A oferta formativa queda recollida no seguinte cadro:

 
EOI da Coruña
EOI de Ferrol
EOI de Santiago
EOI de Lugo
EOI de Pontevedra
EOI de Vigo
EOI de Ourense
 Linguaxe Administrativa Galega Presencial
 

- 2 cursos nivel superior no 1º cuadrimestre

 

- 2 cursos nivel superior no 1º cuadrimestre

 

- 1 curso nivel medio no 1º cuadrimestre

- 1 curso nivel superior no 1º cuadrimestre

 

- 2 cursos nivel superior no 1º cuadrimestre

 

- 1 curso nivel medio no 1º cuadrimestre

- 1 curso nivel superior no 1º cuadrimestre

 
 
 

Linguaxe Administrativa Galega en liña

- 2 cursos nivel superior no 2º cuadrimestre

 
 

- 2 cursos nivel medio no 2º cuadrimestre

 

- 1 curso nivel medio no 2º cuadrimestre

- 1 curso nivel superior no 2º cuadrimestre

 

- 1 curso nivel medio no 2º cuadrimestre

 
Celga 2
 
 

- 1 curso no 1º cuadrimestre

- 1 curso no 2º cuadrimestre

 

- 1 curso no 1º cuadrimestre

- 1 curso no 2º cuadrimestre

- 1 curso no 1º cuadrimestre

- 1 curso no 2º cuadrimestre

- 1 curso no 1º cuadrimestre

Celga 3
 

- 1 curso no 1º cuadrimestre

- 1 curso no 1º cuadrimestre

- 1 curso no 2º cuadrimestre

 

- 1 curso no 1º cuadrimestre

 

- 1 curso no 1º cuadrimestre

- 1 curso no 2º cuadrimestre

- 1 curso no 2º cuadrimestre

Celga 4

- 1 curso no 2º cuadrimestre

- 2 cursos no 2º cuadrimestre

- 1 curso no 1º cuadrimestre

- 1 curso no 2º cuadrimestre

- 1 curso no 2º cuadrimestre

- 1 curso no 2º cuadrimestre

- 2 cursos no 1º cuadrimestre

- 2 cursos no 2º cuadrimestre

- 1 curso no 1º cuadrimestre

- 1 curso no 2º cuadrimestre

Plan de formación en lingua galega para persoas adultas 2014
A convocatoria destes cursos forma parte do plan de formación en lingua galega para persoas adultas que porá en marcha, como vén sendo habitual, a Xunta de Galicia por medio da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Tema: 

Ampliación da dotación orzamentaria das axudas de mobilidade complementarias no marco do programa comunitario Erasmus+ para estudantes universitarios que participan nesta acción no curso 2014/2015

Gallego

Xúntase a Orde do 3 de agosto de 2015 pola que se fai pública a ampliación da dotación orzamentaria para a concesión de axudas de mobilidade complementarias ás concedidas pola Unión Europea e o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, no marco do programa comunitario Erasmus+, para estudantes universitarios que participan nesta acción no curso 2014/15, convocadas pola Orde do 2 de decembro de 2014.

Tema: 

Ensinanza: 

Colectivo: 

Resolución do concurso de méritos para cubrir postos nos equipos de orientación específicos (2015)

Gallego

Xúntase a Orde do 4 de agosto de 2015 pola que se resolve o concurso de méritos para cubrir postos nos equipos de orientación específicos.

Colectivo: 

Relación definitiva de centros seleccionados para participar no proxecto Educación Dixital durante o curso 2015/2016

Gallego

Xúntase a Resolución do 21 de xullo pola que se resolve definitivamente a convocatoria para a selección de centros para participar no proxecto Educación Dixital durante o curso 2015/16.

Colectivo: 

Sección: 

Puntuacións provisionais das persoas participantes na convocatoria de licenzas por formación para o curso 2015/2016 destinadas a funcionarios docentes non universitarios

Gallego

Xúntase a listaxe provisional de puntuacións obtidas polas persoas participantes na convocatoria de licenzas de formación conforme ao baremo que figura no Anexo III da orde do 4 de xuño de 2015 (DOG do 16 de xuño).

Colectivo: 

Sección: 

Publicación das puntuacións provisionais e a relación de excluídos provisionais na especialidade de Xoiería e Ourivería

Gallego

Xúntase o Anuncio do 29 de xullo de 2015, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polo que se comunica a publicación das puntuacións provisionais e a relación de excluídos provisionais na especialidade de Xoiería e Ourivería, aberta polo Anuncio do 19 de xuño de 2015 (Diario Oficial de Galicia do 1 de xullo).

Colectivo: 

Listaxes provisionais de admitidos e excluídos dos Premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico 2014/2015

Gallego

Xúntanse as  Listaxes provisionais de admitidos e excluídos dos Premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico 2014-2015.

Colectivo: 

Sección: 

Relacións definitivas de admitidos e excluídos dos premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2014/2015

Gallego

Xúntanse as  Relacións definitivas de admitidos e excluídos dos premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2014/2015

Ensinanza: 

Colectivo: 

Sección: