Procedemento para compartir recursos dixitais no repositorio de contidos do espazoAbalar

O CAFI ten aberto un procedemento aberto para que os docentes que queiran compartir os seus contidos dixitais poidan facelo no repositorio do espazoAbalar.
Dom, 28/10/2012 - 11:45
banes espazo abalar

 

As persoas que elaboran material educativo e están interesadas en ceder este material para o seu uso no repositorio de contidos dixitais, dispoñen dun procedemento no que se explican os pasos a seguir. Con esta iniciativa preténdese fomentar que os usuarios compartan os contidos que consideran de utilidade para así ampliar a oferta de contidos dixitais nas diferentes materias no espazoAbalar. A continuación detállase o procedemento a seguir polas persoas interesadas en participar nesta iniciativa:

 

  • As persoas que queiran ceder materiais para publicalos no repositorio de contidos deberán poñerse en contacto cos asesores encargados do departamento TIC do CAFI (Centro Autonómico de Formación e Innovación) para a validación deste material a través das seguintes contas de correo electrónico:

- cafi.tic.web@edu.xunta.es

- cafi.tic.contidos@edu.xunta.es

 

No correo electrónico, deberán indicar:

- Nome, centro e teléfono de contacto

- Título do traballo

- Curso e materia

- Breve descrición

- Software necesario para súa execución

- Se os traballos están visibles nalgunha páxina web, indicar o enderezo

 

  • Os asesores do CAFI indicarán aos interesados como enviar os contidos e aportarán a documentación necesaria para a cesión do material no caso de ser valorados positivamente para ser subidos no repositorio do espazoAbalar. No caso contrario, os asesores do CAFI contactarán coas persoas interesadas para comunicarlles que os contidos non serán publicados no repositorio indicando os motivos de esta decisión.

 

Presentación en pdf sobre o repositorio de contidos do espazoAbalar: http://www.edu.xunta.es/centros/cafi/aulavirtual/mod/resource/view.php?id=12673
O repositorio de contidos do espazoAbalar: http://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/espazos/recursos