Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

Resolución provisional de admitidos e excluídos das comisións de servizos por conciliación familiar e laboral (2013)

Xov, 20/06/2013 - 14:25

Xúntanse a listaxes provisionais de admitidos e excluídos  de comisións de servizos por conciliación da vida familiar e laboral do profesorado de educación infantil e primaria, do profesorado de educación secundaria, de formación profesional e de réxime especial e do profesorado de relixión para o vindeiro curso académico 2013/14.

  • O prazo de reclamacións comeza o día 21 de xuño de 2013 e remata o día 25 de xuño de 2013, ambos días incluídos.
  • As reclamacións á resolución provisional deberán dirixilas á Subdirección de Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e O.U. en Santiago de Compostela,  indicando o Servizo do Profesorado de Educación Infantil e Primaria ou o Servizo do Profesorado de Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime Especial segundo o corpo ao que pertenza.