Escolarización

Procedemento de admisión do alumnado nos ciclos formativos de formación profesional de graos medio e superior en réxime ordinario e para as persoas adultas para o curso académico 2013/2014
Mar, 18/06/2013 - 08:55

Xúntase a Resolución do 10 de xuño de 2013, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se determinan os prazos e se ditan instrucións no procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos para impartir ciclos formativos de formación profesional de graos medio e superior en réxime ordinario e para as persoas adultas para o curso académico 2013/14.

Os prazos de presentación de solicitudes de admisión para o curso 2013/14 serán os seguintes:

a) O prazo ordinario será do 17 de xuño ata as 13.00 horas do 2 de xullo.
b) O prazo extraordinario abranguerá desde o día 2 ao 12 de setembro ás 13.00 horas.

Máis información