Información sobre os servizos mínimos do transporte escolar da folga convocada mañá día 12 nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal
Mar, 11/06/2013 - 12:15

Nos servizos regulares de uso especial para transporte de escolares, manteranse como esenciais os servizos de entrada aos centros desde as 7.30 ata as 10.00 horas e os de saída desde as 13.00 ás 18.30 horas nos itinerarios.de transporte escolar de estudantes de niveis de ensino obrigatorio, cuxa lonxitude total sexa superior a 4 km.

Para os servizos de transporte a alumnado de centros de educación especial considéranse esenciais todos os itinerarios existentes nos horarios habituais.

Neste sentido, exponse a relación de servizos afectados pola folga convocada, nos que non haberá servizos mínimos de transporte escolar. Nesta relación concrétanse ditos servizos identificando o concello, o centro educativo, o número do contrato de transporte escolar e as paradas de cada recorrido.