Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

Proxecto da orde pola que se convocan probas libres de títulos extinguidos dos establecidos ao abeiro da lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo

Xov, 23/05/2013 - 10:51

Co fin de dar cumprimento á Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia ábrese o trámite de audiencia e información pública do Proxecto da orde pola que se convocan probas libres de títulos extinguidos dos establecidos ao abeiro da lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo.

  • Estado de tramitación: fase intermedia. Apertura do trámite de audiencia e información pública
  • Prazo para presentar proposicións e suxestións: 15 días hábiles
  • Data de inicio do prazo: 23 de maio de 2013
  • Data de remate do prazo: 8 de xuño de 2013
  • Dirección do correo electrónico á que deben dirixirse: sfp@edu.xunta.es

- Proxecto da orde pola que se convocan probas libres de títulos extinguidos