Orde do 10 de maio de 2013, pola que se aproban as bases e se procede a convocatoria de bolsas destinadas aos estudante universitarios que participan en programas de extracomunitarios

Mér, 22/05/2013 - 10:55

Convócanse 98 bolsas, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas ao alumnado universitario matriculado nunha universidade do Sistema Universitario de Galicia (Universidade de Santiago de Compostela, Universidade da Coruña ou Universidade de Vigo) ou nun centro asociado da UNED en Galicia que  participe en programas de intercambio relacionados cos estudos que está a cursar, con países extracomunitarios, agas o Programa Erasmus.

Poderán solicitar estas axudas  os alumnos e alumnas que cumpran os seguintes requisitos:

  • Estar matriculado en estudos universitarios oficiais conducentes a unha titulación de grao, licenciatura, diplomado, enxeñaría, arquitectura, enxeñaría técnica ou arquitectura técnica nunha universidade pertencente ao SUG ou centro asociado da UNED en Galicia.
  • Ter cursados os últimos tres anos académicos nalgún centro ou universidade da Comunidade Autónoma. 
  • Os estudantes estranxeiros non comunitarios deberán acreditar a condición de residentes, e non poderán realizar o intercambio con universidades do seu pais de orixe.
  • Realizar o programa de mobilidade a través da universidade ou centro asociado da UNED en Galicia

Período de solicitude:

Prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte a publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia ata o 29 de xuño de 2013.

As listas provisionais de admitidos e excluídos por documentación serán expostas, nesta páxina unha vez examinada e avaliada a documentación presentada polos solicitantes, os interesados disporán dun prazo de reclamación de dez días.

 

Menú Advertisement

Bolsas

Sen términos

Colectivo

Tema

Ensinanza