Amplíase o prazo de presentación de curtas de animación do programa Nós tamén creamos! ata o 15 de maio de 2013
Ven, 22/03/2013 - 10:27
Nós tamén creamos!

A Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa  amplian o prazo de presentación de traballos ao premio a curtas de animación en galego elaboradas no marco do programa Nós tamén creamos! en centros de infantil e primaria de titularidade da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no curso académico 2012/2013.

A nova data de entrega das curtas é o 15 de maio de 2013.