×

Mensaxe de erro

  • Warning: array_flip(): Can only flip STRING and INTEGER values! en DrupalDefaultEntityController->load() (liña 175 de /srv/www/drupal/htdocs/includes/entity.inc).
  • Warning: array_flip(): Can only flip STRING and INTEGER values! en DrupalDefaultEntityController->cacheGet() (liña 391 de /srv/www/drupal/htdocs/includes/entity.inc).

Adxudicación provisional do concurso de traslados para os corpos de catedráticos, PES, PT, EOI, EAA e OA, CMUS, inspectores ao servizo da Administración educativa e inspectores de educación convocado pola Orde do 24 de outubro de 2012

Xov, 14/03/2013 - 08:15

Publicación da adxudicación provisional do concurso de traslados para os corpos de catedráticos, PES, PT, EOI, EAA e OA, CMUS, inspectores ao servizo da Administración educativa e inspectores de educación convocado pola Orde do 24 de outubro de 2012

Poderá consultar a adxudicación e o baremo no enderezo www.edu.xunta.gal/cxt. A resolución provisional non se publicará no Diario Oficial de Galicia  (de acordo coa base vixésimo quinta da convocatoria)

O persoal concursante poderá presentar reclamacións ou renuncias á resolución provisional, no prazo de dez días naturais, do 15 ao 25 de marzo ambos incluídos de acordo co establecido na base vixésimo oitava da orde de convocatoria.

No caso de presentar renuncia á participación no concurso de traslados, enténdese que tal renuncia afecta a todas as peticións e especialidades consignadas na súa instancia de participación.

Para consultar o resultado da resolución provisional pode descargar os arquivos na opción do menú Listaxes concurso --> Documentos publicados

Aqueles participantes que desexen consultar a resolución filtrando por determinados campos como a especialidade adxudicada, poderano facer, unha vez autenticados, na opción do menú Listaxes concurso --> Listaxe de resolución

Durante o prazo establecido pola administración, dez días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación da adxudicación de destinos provisionais na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ( non se publicará no Diario Oficial de Galicia), calquera participante non forzoso poderá renunciar a participar no concurso, indicándoo no apartado definido para estes efectos na opción de menú "Participación" a continuación da lista de instancias do participante do concurso previamente seleccionado. Neste apartado o participante debe indicar o corpo ou, se é o caso corpos, nos que desexa renunciar. Unha vez feita a renuncia terá dispoñible para imprimir o documento da renuncia, en formato PDF, que deberá entregar por rexistro.

Menú Advertisement

Concurso de traslados

Sen términos