A Consellería de Educación dotará a 30 centros educativos de Ferrolterra de 1.360 ordenadores ultraportátiles para o desenvolvemento do proxecto abalar o vindeiro curso

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Diego Calvo, presentou aos directores dos centros ferrolás a estratexia de implantación das TIC no sistema educativo
Mar, 11/05/2010 - 14:15
O delegado territorial da Xunta na Coruña e o director xeral de Educación...
O delegado territorial da Xunta na Coruña, Diego Calvo, e o director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, José Luis Mira Lema presentaron aos directores dos centros ferrolás a estratexia de implantación das TIC no sistema educativo

Case 1.360 alumnas e alumnos de 30 centros de Ferrolterra terán en setembro cadanseu ordenador ultraportátil na aula, grazas á implantación do Proxecto ABALAR nos centros educativos da zona, que vai desenvolver a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Un investimento de 1.100.000 euros en equipamento informático, infraestruturas e formación do profesorado, o que demostra a forte aposta que a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria está a facer pola calidade do ensino nos centros de Ferrol e a súa área.

Así o manifestou o delegado territorial da Coruña, Diego Calvo, que presentou hoxe o Plan ABALAR para a comarca de Ferrol, acompañado polo director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, José Luis Mira Lema; e o subdirector xeral de Sistemas Informáticos da Consellería de Educación, Carlos Vázquez Mariño.

Tras o encontro cos medios os representantes da Consellería de Educación mantiveron unha reunión cos directores dos 30 centros da comarca de Ferrol que participan nesta primeira fase do Proxecto ABALAR. Os primeiros en entrar no proxecto para a implantación das novas Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC), o vindeiro curso serán 68 aulas de colexios e institutos da zona. Así, os alumnos e alumnas de 5º de Primaria e 1º da ESO, disporán de cadanseu ordenador ultraportátil. Ademais, o proxecto dotará ás aulas de encerado dixital e ordenador de sobremesa para o profesorado.

Integración da comunidade educativa

A estratexia de implantación das TIC no sistema educativo que está a desenvolver a Consellería de Educación, a través do Proxecto ABALAR vai supor a conversión de colexios e institutos en Centros Educativos Dixitais, o que redundará nun cambio do modelo ensino-aprendizaxe. Isto esixe a adopción e integración das TIC en todos os ámbitos do proceso educativo, a través do fomento da Cultura Dixital, e coa implicación das familias e de toda a comunidade educativa. Para favorecer esta participación, o proxecto disporá dun portal web propio, ‘espazoABALAR’, que será o referente dos servizos educativos en Galicia para toda a comunidade –profesorado, alumnado, familias, ANPAS...-.

Deste xeito, as familias poderán facer un seguimento académico dos seus fillos en ‘espazoABALAR’, grazas a un procedemento de comunicación directa e multicanle cos profesores e titores.

Por outra banda, o espazo destinado aos docentes na plataforma web de ABALAR facilitará a parte administrativa do seu traballo, simplificando procesos como a introdución de datos nos expedientes do alumnado, abrindo novas canles de comunicación cos alumnos, as familias, a dirección do centro e o resto do profesorado. Ademais, a web vai poñer ao seu dispor ferramentas moi demandadas polo profesorado como o ‘Caderno do Profesor’, no que atopará ferramentas para o control da asistencia do alumnado, o diario de clase, as tarefas e traballos asignados aos alumnos, etc. Parte desta información estará tamén dispoñible para as familias, de tal forma que poidan seguir de cerca o desenvolvemento académico dos seus fillos

A súa participación no proxecto vai quedar tamén favorecida polo 'Repositorio de Contidos Educativos Dixitais'. Trátase dunha ferramenta que permitirá a xestión, difusión e emprego dos recursos educativos desenvolvidos pola comunidade educativa de Galicia para integrar as TIC, e onde se agregarán outros de diferente procedencia (repositorios doutras Comunidades Autónomas, Ministerio ou mesmo internacionais). Isto significa, dunha banda fomentar a colaboración entre a comunidade docente, aproveitando ademais as mellores prácticas desenvolvidas nos centros máis avanzados; e doutra poñer en valor o seu traballo, como actores fundamentais do cambio educativo.

No tocante ao alumnado, ‘espazoABALAR’ permitirá nun futuro novos mecanismos para traballar con estudantes que requiran unha atención especial e diferenciada. Deste xeito, posibilitará a educación a distancia, facilitando o acceso ao ensino a enfermos de longa duración hospitalizados ou nas súas vivendas, persoas con mobilidade reducida, e estudantes con necesidades específicas. Ademais, permitirá un amplo seguimento académico, e a interacción co profesor ou a dirección do seu centro, o que se traduce nun claro fomento da actitude colaborativa.

Unha aposta de futuro

Baseado sobre accións planificadas no ámbito da tecnoloxía, da metodoloxía educativa, e da capacitación dos docentes, a meta final que persegue ABALAR é un cambio integral no modelo educativo, de tal forma que se pase do uso dunha aula específica de informática a que esta sexa parte diaria da actividade en todas as aulas.

No período 2010- 2013 está previsto que se beneficien da modernización do ensino uns 87.000 alumnos de 1.000 centros educativos de toda Galicia, ademais de 15.000 docentes, que recibirán formación específica para o uso das TIC na súa práctica diaria.

Centros Proxecto ABALAR en Ferrolterra
 
 
 
 
CENTRO
CONCELLO
LOCALIDADE
CEIP Couceiro Freijomil
Pontedeume
Pontedeume (Santiago)
CEIP de Andrade
Pontedeume
Andrade (San Martiño)
CEIP Manuel Fraga Iribarne
Cariño
Cariño (San Bartolomeu)
 
CEIP
3
 
 
 
CPI A Xunqueira
Fene
San Valentín (San Valentín)
CPI Conde de Fenosa
Ares
Ares (San Xosé)
CPI de Atios
Valdoviño
Valdoviño (Santalla)
CPI do Feal
Narón
Xubia (Santiago Apóstolo)
CPI Monte Caxado
Pontes de García Rodríguez (As)
As Pontes De García Rodríguez (Santa María)
 
CPI
5
 
 
 
CPR Belén
Ferrol
Ferrol
CPR Compañía de María
Ferrol
Ferrol
CPR Jesús Maestro
Ferrol
Ferrol
CPR Ludy
Ferrol
Ferrol
CPR Santiago Apóstol
Narón
Pedroso (San Salvador)
CPR Tirso de Molina
Ferrol
Ferrol
 
CPR
6
 
 
 
IES As Telleiras
Narón
San Xiao De Narón (San Xiao)
IES Breamo
Pontedeume
Pontedeume (Santiago)
IES Cabo Ortegal
Cariño
Cariño (San Bartolomeu)
IES Concepcion Arenal
Ferrol
Ferrol
IES de Catabois
Ferrol
Ferrol
IES de Fene
Fene
Barallobre (Santiago)
IES de Mugardos
Mugardos
Mugardos (San Xulián)
IES de Ortigueira
Ortigueira
Ortigueira (Santa Marta)
IES Fernando Esquío
Neda
Neda (San Nicolás)
IES Ferrolterra
Ferrol
Ferrol
IES Fraga do Eume
Pontedeume
Pontedeume (Santiago)
IES Moncho Valcarce
Pontes de García Rodríguez (As)    
As Pontes De García Rodríguez (Santa María)
IES Punta Candieira
Cedeira
Cedeira (Santa María Do Mar)
IES Ricardo Carballo Calero     
Ferrol
Ferrol
IES Sofía Casanova
Ferrol
Ferrol
IES Terra de Trasancos
Narón
Xubia (Santiago Apóstolo)
 
IES
16
 
 
 
 
TOTAL
30