Encontros dos centros do Plan de mellora de bibliotecas escolares 2012/2013

Celebración en Santiago de Compostela dos Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares
Ven, 22/02/2013 - 20:57
Encontros do PLAMBE

Os encontros do PLAMBE (Plan de mellora de bibliotecas escolares) celebraranse en Santiago de Compostela os días 7 e 8 de marzo de 2013. Esta actividade reune os responsables das bibliotecas escolares dos centros acollidos ao programa da Consellería de Educación que está dando como  resultado que as bibliotecas escolares de Galicia sexan un referente en todo o estado.

Os encontros son unha actividade de formación organizada conxuntamente polo Servizo de Formación do Profesorado (CAFI) e pola Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos (Asesoría de bibliotecas escolares), da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, coa colaboración do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.