Proxecto da Orde pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, ESO e de bacharelato

Ven, 22/02/2013 - 16:21

Xúntase o Proxecto da Orde pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

O proxecto de orde pola que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato, reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, sométese a información pública en aplicación do artigo 42.5 da Lei 16/2010, do 17 de decembro.

As persoas que o desexen poderán presentar proposicións ou suxestións na dirección de correo electrónico sxcentros@edu.xunta.es  , no prazo de 7 días hábiles.

No caso de existir discrepancias entre o texto da orde en lingua galega e en lingua castelá, prevalecerá o texto en galego.