Convocadas as probas para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos e se ditan instrucións para a súa realización

Ven, 01/02/2013 - 08:11

Xúntase a Resolución do 21 de xaneiro de 2013, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convoca a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos e se ditan instrucións para a súa realización.

O prazo para realizar a inscrición nestas probas será entre o 18 e o 28 de febreiro de 2013

As probas terán lugar o día 26 de abril de 2013 nos seguintes centros:

a) Centro EPA Eduardo Pondal, A Coruña.

b) IES San Clemente, Santiago de Compostela.

c) Centro EPA Albeiros, Lugo.

d) Centro EPA de Ourense, Ourense.

e) Centro EPA Río Lérez, Pontevedra.

f) Centro EPA Berbés, Vigo.