×

Mensaxe de erro

  • Warning: array_flip(): Can only flip STRING and INTEGER values! en DrupalDefaultEntityController->load() (liña 175 de /srv/www/drupal/htdocs/includes/entity.inc).
  • Warning: array_flip(): Can only flip STRING and INTEGER values! en DrupalDefaultEntityController->cacheGet() (liña 388 de /srv/www/drupal/htdocs/includes/entity.inc).

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

Nova alerta meterorolóxica para o mércores día 23

Mar, 22/01/2013 - 12:36

A Axencia Estatal de Meteoroloxía e Meteogalicia avisan dun fenómeno meteorolóxico adverso para o mércores día 23 de xaneiro de 2013 por NEVADAS que afectarán ás zonas de adverso meteorolóxico da  Montaña de Lugo e Montaña de Ourense, con acumulación de neve superior a 10 cm; e no Sur de Lugo, Sur de Ourense e Valdeorras, unha acumulación superior a 2 cm.

Ante a devandita situación de risco, a Comisión de Alertas acordou para o mércores, día 23 de xaneiro de 2013, o seguinte:

1.      A suspensión da actividade docente e do transporte escolar nos centros escolares situados nas zonas de montaña de Lugo e de Ourense.

2.     A non suspensión da actividade docente nin do transporte escolar nos centros escolares situados no resto das zonas afectadas, aconsellando un especial coidado no caso da realización de actividades no exterior das instalacións do centro extremando as condicións de circulación do transporte, con seguimento das condicións climáticas.

Solicítase que permanezan atentos á información subministrada a través da páxina web do CAE112 (www.axega112.org) e se extreme a vixilancia por se as condicións meteorolóxicas da localidade de onde se sitúe o centro puideran supoñer un risco superior ao declarado inicialmente.

Concellos da zona climática da Montaña de Lugo:

  • Baleira
  • Baralla
  • Becerreá
  • Cervantes
  • Folgoso do Courel
  • Fonsagrada (A)
  • Incio (O)
  • Navia de Suarna
  • Negueira de Muñiz
  • Nogais (As)
  • Pedrafita do Cebreiro
  • Ribeira de Piquín
  • Samos
  • Triacastela

Concellos da zona climática da Montaña de Ourense:

  • Bolo (O)
  • Carballeda de Valdeorras
  • Castro Caldelas
  • Chandrexa de Queixa
  • Esgos
  • Gudiña (A)
  • Maceda
  • Manzaneda
  • Mezquita (A)
  • Montederramo
  • Parada de Sil
  • Pobra de Trives (A)
  • Riós
  • San Xoán de Río
  • Teixeira (A)
  • Veiga (A)
  • Viana do Bolo
  • Vilariño de Conso
  • Xunqueira de Espadanedo

Menú Advertisement

Alertas e avisos

Sen términos