Alerta meteorolóxica

Lun, 21/01/2013 - 14:30

NOVO AVISO:

A Axencia Estatal de Meteoroloxía avisa dun adverso meteorolóxico por refachos de vento superiores a 100 Km por hora nas zonas climáticas de Noroeste de A Coruña, Oeste de A Coruña, Suroeste de A Coruña, Rías Baixas, Pontevedra, e Miño de Pontevedra. En atención ao risco declarado, suspéndense as actividades fóra do recinto escolar.

A listaxe de concellos incluídos en cada zona climática está dispoñible na páxina web de Meteogalica (www.meteogalicia.es).

A Axencia Galega de Emerxencias e Meteogalicia avisan dun fenómeno meteorolóxico adverso para os días 21 de 22 de xaneiro de 2013 por NEVADAS que afectarán ás zonas de adverso meteorolóxico do Centro de Lugo, Montaña de Lugo, Sur de Lugo, Montaña de Ourense, Sur de Ourense, Valdeorras e Interior de Pontevedra, con acumulación de neve superior a 20 cm nas zonas de montaña de Lugo e Ourense e superior a 2 cm no resto das zonas afectadas.

Ante a devandita situación de risco, a Comisión de Alertas acorda para mañá, martes 22 de xaneiro, o seguinte:   

1. A SUSPENSIÓN da actividade docente e do transporte escolar nos centros escolares situados nas zonas de montaña de Lugo e de Ourense.

2. A NON SUSPENSIÓN da actividade docente nin do transporte escolar nos centros escolares situados no resto das zonas afectadas, aconsellando un especial coidado no caso da realización de actividades no exterior das instalacións do centro extremando as condicións de circulación do transporte, con seguimento das condicións climáticas.

Solicítase que permanezan atentos á información subministrada a través da páxina web do CAE112 (www.axega112.org) e se extreme a vixilancia por se as condicións meteorolóxicas da localidade de onde se sitúe o centro puideran supoñer un risco superior ao declarado inicialmente.

Concellos da zona climática da Montaña de Lugo:

  • Baleira
  • Baralla
  • Becerreá
  • Cervantes
  • Folgoso do Courel
  • Fonsagrada (A)
  • Incio (O)
  • Navia de Suarna
  • Negueira de Muñiz
  • Nogais (As)
  • Pedrafita do Cebreiro
  • Ribeira de Piquín
  • Samos
  • Triacastela

Concellos da zona climática da Montaña de Ourense:

  • Bolo (O)
  • Carballeda de Valdeorras
  • Castro Caldelas
  • Chandrexa de Queixa
  • Esgos
  • Gudiña (A)
  • Maceda
  • Manzaneda
  • Mezquita (A)
  • Montederramo
  • Parada de Sil
  • Pobra de Trives (A)
  • Riós
  • San Xoán de Río
  • Teixeira (A)
  • Veiga (A)
  • Viana do Bolo
  • Vilariño de Conso
  • Xunqueira de Espadanedo