Convocatoria de becas para participar no Instituto de verán Benjamin Franklin 2013 nos Estados Unidos de América para mozos/as entre 16 e 18 anos

Xov, 10/01/2013 - 11:37

A Embaixada dos Estados Unidos en España selecciona un/unha estudiante español/a,  andorrano/a ou residente en España ou Andorra,, para participar no Instituto de Verán Benjamin Franklin 2013, programa financiado polo Departamento de Estado dos Estados Unidos para promover as relacións entre as novas xeracións de europeos, asiáticos e norteamericanos.

O/a estudante seleccionado/a participará nun programa intensivo enfocado nos asuntos globais aos que se enfrontan os/as mozos/as a ambos os dous lados do Atlántico.

O Instituto terá lugar nunha localidade norteamericana - aínda por determinar -durante tres ou catro semanas en xuño-xullo de 2013 e reunirá aproximadamente a 35 estudantes de distintos países de Europa e Asia Central con 10 estudantes norteamericanos/as. Os/as participantes levarán a cabo unha gran variedade de actividades: seminarios, programas de apoio comunitario e voluntariado, viaxes de estudo e eventos culturais. Traballarán nun proxecto conxunto e explorarán como os/as mozos/as de hoxe interactúan cos medios de comunicación, tanto na súa faceta de consumidores como de produtores de información. Abordarán tamén como a liberdade de expresión impón ás persoas cidadás tanto dereitos como responsabilidades.

Dotación: todos os gastos (viaxe, aloxamento, manutención, seguro médico e de accidentes e visado) correrán por conta do Departamento de Estado dos Estados Unidos de América.