Orde do 30 de abril 2010, pola que se convocan bolsas de colaboración en departamentos das universidades do Sistema Universitario de Galicia destinadas ao alumnado de excelencia académica, para o curso académico 2010/2011
Ven, 07/05/2010 - 10:01

Convócanse, en réxime de concorrencia competitiva, 35 bolsas de colaboración en departamentos das universidades do Sistema Universitario de Galicia, para o curso académico 2010/2011,  destinadas  o alumnado universitario do último curso de ensinanzas universitarias co obxectivo de iniciarse en   tarefas de docencia e de investigación  directamente vinculadas cos seus estudos.

1. Poderán solicitar estas axudas e ser  beneficiarios delas as alumnas e  alumnos universitarios que, ademais dos requisitos xerais esixidos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia,  reúnan os seguintes requisitos:

  • Non estar en posesión ou en disposición legal de obter o título académico de grao,licenciado, enxeñeiro ou arquitecto.
  • Matricularse no curso académico 2010-2011, en calquera das tres universidades que compoñen o SUG, no  último curso dos estudos conducentes a unha titulación de grao, licenciado, enxeñeiro ou arquitecto na  totalidade das materias ou créditos que lle resten para rematar os seus estudos, excluíndo do mencionado cómputo o proxecto fin de carreira. O alumnado que actualmente curse ensinanzas universitarias contempladas na Lei de Reforma Universitaria (LRU) deberá ter superado no momento de formalización da matrícula do curso 2010/2011, o primeiro ciclo e o 45 % dos créditos que integran o segundo, con excepción do  alumnado de medicina que deberá ter superado o 60 %. O alumnado  que curse ensinanzas de grao deberá ter superado o 72% dos créditos da titulación. 
  • Presentar o proxecto de colaboración nos termos que  establece o artigo 6º c) desta orde.
  • Posuír unha nota media simple no seu expediente académico igual ou superior a 2, calculada cos parámetros  reflectidos no protocolo de colaboración subscrito, o 21 de febreiro de 2005, entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e as universidades de Santiago de Compostela,  A Coruña e Vigo.    

2.  Estas axudas son compatibles con calquera outro tipo de bolsas ou axudas, tanto de institucións públicas como privadas, agás con aquelas que teñan a mesma finalidade.  Non  poderán beneficiarse desta axuda aqueles alumnos ou alumnas que xa a gozasen en convocatorias anteriores

Período da solicitude:

O prazo de presentación de solicitudes será de un mes contado a partir do día seguinte á publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. O prazo remata o 7 de xuño de 2010.

As listas provisionais de admitidos e excluídos por documentación exporanse o 5 de xullo de 2010, as reclamacións faranse do 6 de xullo o 16 de xullo de 2010.