Valentín García participa en Gondomar na entrega do V Premio de Poesía Victoriano Taibo

Sáb, 17/11/2012 - 22:47
Valentín García participa en Gondomar na entrega do V Premio de Poesía
Valentín García participa en Gondomar na entrega do V Premio de Poesía Victoriano Taibo

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou este serán na entrega do V Premio de Poesía Victoriano Taibo que recaeu na viguesa María Concepción Álvarez Lebredo, polo poemario Distancias e Simetrías. O certame organízao a Entidade Local de Morgadáns en colaboración Instituto de Estudos Miñoranos e ten como obxectivo recoñecer, promocionar e difundir as obras en lingua galega dos poetas e poetisas galegas.