Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

Cursos de idiomas para o profesorado nas Escolas Oficiais de Idiomas en colaboración cos CFR e o CAFI

Mar, 23/10/2012 - 15:00

Ábrese o prazo de preinscrición nos cursos de linguas estranxeiras para o profesorado de todos os niveis educativos, impartidos nas Escolas Oficiais de Idiomas en colaboración cos Centros de Formación e Recursos (CFR) e o Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI).

Para consultar a listaxe de cursos que se ofrecen para o 1º cuadrimestre (40 horas) e o 2º cuadrimestre (60 horas) e preinscribirse, acceda a http://www.edu.xunta.es/fprofe e filtre a búsqueda pola área "linguas estranxeiras" ou "lingua e literatura galega", nas actividades publicadas despois do 15 de outubro.

O prazo de preinscrición nos cursos do 1º cuadrimestre está aberto ata o luns 5 de novembro, e os cursos comezarán a semana do 12 de novembro.

O prazo de preinscrición para os cursos do 2º cuadrimestre rematará o 20 de xaneiro, e os cursos comezarán a partir do 4 de febreiro.