A consellería de Educación apoia a campaña contra a obesidade infantil ‘Meréndate o gol’ da Fundación Pontetec

A iniciativa foi presentada no CEIP A Xunqueira I, en Pontevedra, coa presenza do director xeral de Centros e Recursos Humanos, José Manuel Pinal e do secretario xeral para o Deporte da Xunta, José Ramón Lete Lasa

Lun, 26/04/2010 - 16:20

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria apoia a campaña da Fundación Pontetec, contra a obesidade infantil ‘Meréndate un gol’. A iniciativa foi presentada hoxe no CEIP A Xunqueira 1, en Pontevedra, e estivo presente o director xeral de Centros e Recursos Humanos, José Manuel Pinal. No acto estiveron o director da Fundación, Saturnino Mirón; o secretario Xeral para o Deporte da Xunta, José Ramón Lete Lasa; a vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Teresa Pedrosa; e os concelleiros de Deporte e o de Educación de Pontevedra, Anxos Riveiro e Julio Castela respectivamente.

O evento organizado por Pontetec Fundación, do Pontevedra C.F., ten como obxectivo loitar contra o sobrepeso e a obesidade infantil. Para lograr acadar as bases dunha vida saudable, Pontetec defende que esta pódese acadar a través dunha boa alimentación e o deporte, neste caso potenciando o fútbol. No relativo á alimentación hoxe promovéronse bos hábitos nas comidas, facendo especial fincapé na merenda.  

Esta loita contra a obesidade será transmitida a máis de 4.000 nenos e nenas de entre 6 e 12 anos, así como cos seus titores. Todos eles poderán recibir información en prazas e parques da provincia de Pontevedra, como son a propia cidade do Lérez, Sanxenxo, A Estrada, Lalín, Marín e Poio. Para todo eles están preparadas conferencias e diversas actividades para potencias o correcto aprendizaxe de pautas de conduta que lles permitan aos rapaces e rapazas o correcto desenvolvemento dunha vida saudable.

Entre os relatores que participaran na campaña ‘Meréndate o gol’ están Pablo Alfaro, adestrador do Pontevedra C.F.; os deportistas de elite e embaixadores da Fundación Pontetec, Óscar Pereiro, David Cal e Javier Gómez Noya, entre outros