Cursos de actualización lingüística e comunicativa (CALC) 2012-2013

Preséntase a oferta dos cursos de actualización lingüística e comunicativa (CALC) en inglés e francés para o curso 2012-2013.
Lun, 15/10/2012 - 10:46
CALC 2012
Calc

Preséntase a oferta dos cursos de actualización lingüística e comunicativa (CALC) en inglés e francés para o curso 2012-2013.

Os cursos CALC conforman un itinerario formativo en linguas destinado a fomentar e facilitar a acreditación do profesorado de primaria, secundaria e formación profesional no dominio das distintas destrezas comunicativas, de acordo cos niveis de competencia establecidos no Marco europeo común de referencia para as linguas (MECRL) e ao abeiro do disposto no artigo 5º da Orde de 18 de febreiro de 2011 pola que se establece o procedemento de acreditación en idiomas para impartir nunha lingua estranxeira áreas, materias ou módulos non lingüísticos nos centros docentes
públicos (DOG 26/04/11).

Os cursos CALC impartiranse nas escolas oficiais de idiomas que se indican. Cunha duración de 120 horas, estes cursos teñen como obxectivo a preparación do profesorado, ao longo de todo o curso, cara á superación das probas de certificación das escolas oficiais de idiomas, en inglés e francés, nos niveis básico (A2), intermedio (B1) e avanzado (B2).

As persoas asistentes a estes cursos recibirán un certificado polas 120 horas de formación recibidas, aínda no caso de non acadaren a certificación da EOI.

As solicitudes para participar nos cursos CALC deberán tramitarse a través do Sistema de xestión de formación do profesorado (Fprofe, http://www.edu.xunta.gal/fprofe), e o proceso de selección e admisión dos participantes, así como a impartición e certificación dos cursos de actualización lingüística e comunicativa, será administrado e supervisado polo Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI) e os Centros de Formación e Recursos (CFR). A selección do profesorado que desexe asistir a ditos cursos realizarase pola seguinte orde de preferencia:

  1. Profesorado que estea impartindo clases nun centro plurilingüe.
  2. Profesorado que estea impartindo clases en seccións bilingües.
  3. Profesorado que estea impartindo clases nun centro con seccións bilingües.
  4. Profesorado que desexe acreditarse para poder impartir clases en centros plurilingües ou en seccións bilingües.

O profesorado que posúa acreditacións dos niveis A2 ou B1 nun idioma, de acordo co anexo da Orde do 18 de abril de 2011, poderá preinscribirse nos cursos do seguinte nivel dese idioma. Unha vez seleccionado, deberá aportar a documentación acreditativa para a admisión no curso. Aquel profesorado que posúa coñecementos previos e non conte con certificados que os acrediten, poderá inscribirse para realizar unha proba de clasificación no mes de setembro aos efectos de preinscrición no curso CALC do nivel que corresponda.

Os interesados en realizar a proba de nivel deberán inscribirse na actividade do CFR correspondente en (Fprofe, http://www.edu.xunta.gal/fprofe):

  • C1202004 - Proba de nivel para participar en cursos CALC
  • F1202004 - Proba de nivel para participar en cursos CALC
  • L1202003 - Proba de nivel para participar en cursos CALC
  • O1202003 - Proba de nivel para participar en cursos CALC
  • P1202003 - Proba de nivel para participar en cursos CALC
  • S1202012 - Proba de nivel para participar en cursos CALC
  • V1202003 - Proba de nivel para participar en cursos CALC

O calendario previsto para os cursos CALC é o seguinte:

Xuño e xullo: Anuncio dos cursos no boletín, coa listaxe dos cursos ofertados e o anuncio da proba de clasificación CALC (con datas e sedes) para que o profesorado coñecementos previos pero sen titulación poda acceder a CALC B1 e CALC B2

  • 1-18 setembro: Prazo de preinscrición nos cursos en FProfe para o profesorado que se inscriba en CALC A2, ou ben nos CALC B1 ou CALC B2 con acceso directo por titulación
  • 1-5 setembro: Prazo de inscrición na proba de clasificación CALC para o profesorado que queira preinscribirse en CALC B1 ou CALC B2 e non teña titulacións que o acrediten.
  • 7 setembro: Proba de clasificación CALC nas sedes que se determinen
  • 12 de setembro: Publicación dos resultados das probas de clasificación CALC
  • 12-18 setembro: Prazo de preinscrición nos cursos en FProfe para o profesorado que fixo a proba de clasificación CALC (o resultado da proba non supón a adxudicación de praza).
  • 19 setembro: Selección de participantes polo CAFI e CFRs
  • 19-27 setembro: Confirmación dos participantes en FProfe
  • 28 setembro: Envío das listas dos cursos ás EEOOII polo CAFI e CFRs
  • 1 outubro: Comezo dos cursos nas EEOOII