Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

Apertura dun prazo para solicitar prazas de interinidades e substitucións nas especialidades de análise e química industrial, laboratorio, servizos á comunidade, soldadura, contrabaixo, gaita galega, viola e materiais e tecnoloxía: deseño

Mar, 23/10/2012 - 08:45

Xúntase o Auncio do 2 de outubro de 2012, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polo que se comunica a apertura dun prazo para solicitar prazas de interinidades e substitucións no corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de análise e química industrial (590102); profesores técnicos de formación profesional, especialidades de laboratorio (591208), servizos á comunidade (591225) e soldadura (591228); profesores de música e artes escénicas, nas especialidades de contrabaixo (594406), gaita galega (594413) e viola (594431), e profesores de artes plásticas e deseño, especialidade de materiais e tecnoloxía: deseño (595520).

  • O prazo para presentar a instancia de solicitude, así como a documentación xustificativa dos requisitos mínimos exixidos e dos méritos alegados para a súa baremación, será de dez días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.