×

Mensaxe de erro

  • Warning: array_flip(): Can only flip STRING and INTEGER values! en DrupalDefaultEntityController->load() (liña 175 de /srv/www/drupal/htdocs/includes/entity.inc).
  • Warning: array_flip(): Can only flip STRING and INTEGER values! en DrupalDefaultEntityController->cacheGet() (liña 388 de /srv/www/drupal/htdocs/includes/entity.inc).

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

Retirada da documentación do concurso de traslados, correspondente ao apartado 6 do baremo-publicacións e méritos artísticos e literarios

Mér, 03/10/2012 - 09:36

Infórmase da apertura dun prazo para retirar a documentación achegada para o concurso de traslados, presentada polo profesorado dos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, escolas oficiais de idiomas, música e artes escénicas, artes plásticas e deseño, profesor técnico de formación profesional, mestres de taller de artes plásticas e deseño, mestres e inspectores ao servizo da administración educativa, así como para o concurso de traslados de xefaturas de departamentos de orientación (mestres), relativa ao apartado 6-publicacións, méritos artísticos e literarios.

A documentación poderase retirar na sede da inspección educativa de Santiago de Compostela, sita en San Lázaro, 107 (rúa Besada).

O prazo para a súa retirada será de luns a venres, en horario de 08:15 a 14:00 horas, segundo o calendario seguinte:

  • Aqueles que o primeiro apelido comece polo A, B, C, D e E, do 9 ao 11 de outubro, ambos os dous incluídos.
  • Aqueles que o primeiro apelido comece polo F, G, H, I e J, do 15 ao 19 de outubro, ambos os dous incluídos.
  • Aqueles que o primeiro apelido comece polo L, M, N, O e P, do 22 ao 26 de outubro, ambos os dous incluídos.
  • Aqueles que o primeiro apelido comece polo Q, R, S, T, U, V, Y e Z, do 29 de outubro ao 2 de novembro, ambos os dous incluídos.

Para aqueles participantes do concurso de traslados de 2010 que non retiraran a documentación do apartado 6 de baremo, publicacións e méritos artísticos e literarios, o prazo será do 5 ao 9 de novembro.

No suposto de que non poda a ir a retirala o titular da documentación, poderá ir outra persoa cunha autorización.

  • Moi importante: Rematado o prazo da retirada da referida documentación, procederase á reciclaxe da mesma.

Menú Advertisement

Concurso de traslados

Sen términos