A consellería de Educación está en constante contacto cos centros e estudantes afectados polo caos no tráfico aéreo

Os 95 alumnos e alumnas e 10 docentes titores estaban a realizar distintos cursos en Irlanda, Inglaterra, Dinamarca e Italia

Lun, 19/04/2010 - 20:10

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria está ao corrente da situación dos 95 estudantes e 10 docentes titores de tres centros de Lugo e un da Coruña que debido á paralización peche parcial do tráfico aéreo en Europa non poden regresar.

A Consellería de Educación recorda que están en contacto con todos os centros escolares, as súas direccións, así como cos profesores e profesoras que acompañan aos escolares. 

Do mesmo xeito a Administración galega está en contacto a través de correos electrónicos e vía telefónica coa a embaixada de España nos respectivos países, as asesorías técnicas de Educación nos distintos países, así como o xefe de gabinete do ministro de Asuntos Exteriores, o servizo de urxencia e a embaixadora para emerxencias consulares.

A Consellería está a traballar para que os estudantes e docentes poidan regresar con todas as condicións de seguridade, o antes posible. Mentres isto non poida ser, a Xunta de Galicia traballa para que a atención a todos eles estea garantida.

A Consellería están en contacto os centros escolares de O Feal (Narón), La Merced (Sarria), Promotora Educativa Lucense (Lugo) por mor dos alumnos e alumnas e os docentes- titores que non poden saír de Dublín (Irlanda); Londres(Inglaterra), Conpenhague (Dinamarca), respectivamente. Así como os dos IES As Mercedes e o IES A Piringalla ambos de Lugo que están en Roma (Italia).

O retraso nos vós de todos débese as nubes de cinza do volcán do glaciar Eyjafjalla, en Islandia, que teñen paralizado a meirande parte do tráfico aéreo en Europa.