Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

Gripe A. Suspensión rexistro ausencias

Ven, 16/04/2010 - 13:58

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria informa de que, dado o estado  actual da epidemia de Gripe A, que se atopa nunha situación estable cunha incidencia por debaixo do nivel basal, adopta, conxuntamente coa Consellería de Sanidade, a decisión de suspender en todos os centros educativos da Comunidade Autónoma de Galicia o rexistro diario de ausencias de alumnos e alumnas previsto no protocolo de actuación habilitado ao efecto.