Política Lingüística colabora co RACC na incorporación do galego aos seus programas de prevención da sinistralidade

A través da convocatoria a entidades sen ánimo de lucro para a promoción do galego, a secretaría xeral contribuíu á edición de materias didácticos para concienciar a mocidade dos problemas, responsa
Xov, 26/11/2009 - 14:15
Política Lingüística colabora co RACC
Política Lingüística colabora co RACC

Na súa intervención, o responsable de Política Lingüística destacou "a importancia de fornecer recursos didácticos en lingua galega para traballar a concienciación dos máis novos perante os riscos da condución, o que supón a promoción do idioma propio de Galicia en ámbitos, como o de tráfico, onde se levaron a cabo avances importantes na extensión do galego, pero no que aínda queda moito por facer". Así mesmo, Anxo Lorenzo falou da "necesidade de que todos os axentes e, polo tanto, as administracións públicas", se impliquen para concienciar sobre un problema actual tan importante como os accidentes de tráfico.