Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

Previstos curtes de servizos intermitentes nos sistemas informáticos para o vindeiro luns 5 de abril

Mér, 31/03/2010 - 09:27

Coa finalidade de desenvolver diversas probas dos mecanismos de alta dispoñibilidade na rede da consellería, o vindeiro luns 5 de abril, desde as 8:00 e ata as 22:00, poderán producirse curtes intermitentes nos sistemas informáticos corporativos.

O horario indicado anteriormente é estimativo. Os curtes nunca se iniciarán antes do horario previsto de comezo e procurarán rematar como moi tarde no horario previsto de finalización, pero no caso de que as tarefas a desenvolver transcorran con fluidez o horario de finalización do curte podería adiantarse.

Durante a franxa de probas parte dos servizos poderán permanecer activos en función da tarefa que se desenvolva en cada momento dado.

O equipo da S.X de Sistemas Informáticos é consciente de que este curte pode xerar trastornos aos/ás usuarios/as, así como alterar o funcionamento da consellería. Por este motivo agradece de antemán a súa comprensión e colaboración.