Unha das máximas autoridades internacionais en fraseoloxía presenta en Santiago a súa última obra, que só se traduciu ao galego

O ruso Dmitrij Dobrovol'skij estará este venres na facultade de Filoloxía para disertar sobre o libro 'Aspectos teóricos da fraseoloxía', que realizou con Anatolij Baránov
Mér, 25/11/2009 - 14:13

O ruso Dmitrij Dobrovol'skij, un dos grandes especialistas en fraseoloxía a nivel mundial, estará este venres en Santiago para presentar a súa última obra, Aspectos teóricos da fraseoloxía, que realizou xunto con Anatolij Baránov. A Secretaría Xeral de Política Lingüística, a través do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, vén de publicar esta versión ao galego, primeiro e único idioma ao que foi traducido o traballo, escrito orixinariamente en ruso.

No acto de presentación, que terá lugar ás 11:30 no salón de graos da Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago, participarán o secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo; o decano da facultade, Ernesto González Seoane; o académico e director do proxecto de Fraseoloxía do Centro Ramón Piñeiro, Xesús Ferro; e mais a filóloga Carmen Mellado.

Anatolij Nikolaevich Baránov e Dmitrij Olegovich Dobrovol'skij son doutores en filoloxía, catedráticos e colaboradores do Instituto da Lingua Rusa da Academia das Ciencias de Rusia. Os seus ámbitos de especialidade son a semántica lingüística, a lexicoloxía, a lexicografía, a lingüística de corpus e a fraseoloxía. Ambos son autores de monografías e diversos dicionarios.

Menús News node R

Colectivo