Título node Learning object

ProxectoTERRA
Mér, 16/07/2014 - 11:00

ProxectaFicha técnica

Institución:

  • Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia
  • Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
  • ONGD Arquitectura Sen Fronteiras
  • Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

Ámbito: Dereito ao hábitat, Paisaxe, Identidade territorial, Arquitectura e urbanismo, Desenvolvemento sustentable, Medio ambiente e Patrimonio.
Definición:  O ProxectoTERRA é un proxecto do Colexio de Arquitectos de Galicia dirixido ás distintas etapas educativas co fin de contribuír a mellorar a formación que a poboación escolar galega debe ter sobre as xentes, os espazos e os lugares que habitamos. Trata de crear poboación crítica e propositiva sobre o noso medio construído para acadar unhas mellores condicións de vida para todas as persoas, atendendo á premisa do Dereito ao Hábitat.

O obxectivo do programa é que o alumnado perciba o hábitat humano desde as diferentes perspectivas que abordan os materiais elaborados e postos á disposición da comunidade educativa desde o ProxectoTERRA. O hábitat estúdase afondando en diferentes aspectos, como son a paisaxe, o territorio, o urbanismo, a arquitectura ou o medio ambiente, dependendo do enfoque escollido en cada proxecto desenvolvido nos centros, aínda que sempre é ben considerado que se aborde un proxecto desde diversas perspectivas e se chegue a formular e desenvolver un proxecto interdisciplinar.

Para desenvolver un proxecto do programa é preciso abordar os conceptos de Dereito ao Hábitat e Hábitat Humano (aconséllase consultar a unidade didáctica O Dereito ao Hábitat, promovida por Arquitectura Sen Fronteiras). O alumnado poderá abordar a necesidade de respectar a nosa
paisaxe coma un factor básico para comprender que debemos coidala e protexela, poñendo en valor as características propias da paisaxe galega (pódese afondar na materia coa guía PAGUS do ProxectoTERRA). Tamén é posible estudar como está formado o territorio galego e que
factores inflúen nel, como se constrúe ou como se ordena e como se protexen os seus elementos (ecosistemas, clima, vexetación, fauna, flora, formas de habitar, cultivos…). Poderase estudar o valor do noso patrimonio a través da arquitectura e urbanismo ou atendendo á necesidade de
respectar o medio ambiente para garantir a sostibilidade do noso hábitat máis próximo e comprender a necesidade de ter unha mirada crítica e construtiva desde un enfoque de dereitos.

Outro modo de achegarse ao Dereito ao Hábitat é comprendendo a necesidade de mellorar o hábitat propio e inmediato, o cal é posible por medio de propostas de transformación dos patios e espazos educativos nos que se desenvolve a actividade lectiva. Desenvolvendo un proxecto deste
tipo o alumnado toma conciencia da importancia dos nosos espazos vitais na nosa calidade de vida, prestando atención ao entorno escolar como espazo de relación que atenda ás necesidades e características diversas de todas as persoas que fan uso del e facendo estensible esta realidade
ao resto da comunidade, atendendo a criterios de sensibilización e de transferibilidade do proxecto.

As diferentes temáticas descritas poden ser abordadas no proxecto que se presente de xeito individual ou conxunto, valorando positivamente que se aborde un mesmo proxecto desde enfoques diversos. Enténdese que o hábitat, a arquitectura, o urbanismo, a paisaxe, o territorio ou
o medio ambiente son ámbitos de coñecemento tanxentes e complementarios entre si, que ademais son abranguibles desde diferentes materias e departamentos, co cal o programa pode dar lugar a crear sinerxias entre diferentes ámbitos académicos que resulten nun proxecto interdisciplinar. Desde o ProxectoTERRA considérase que este tipo de proxectos, polo xeral, resultan moito máis enriquecedores para o alumnado e revirten de xeito positivo no resto da comunidade educativa, dando a coñecer na nosa sociedade a formas de habitar do ser humano sobre o territorio e espallando o respecto polo noso patrimonio.

Vinculación cos ODS da Axenda 2030:

  • ODS 11. Cidades e comunidades sustentables
  • ODS 4. Educación de calidade
  • ODS 10. Redución das desigualdades
  • ODS 15. Vida de ecosistemas terrestres

Temporización: curso completo
Alumnado ao que vai dirixido: infantil, primaria, ESO, bacharelato e FP (grao básico, medio ou superior), ensinanzas de réxime especial (escolas de artes) e educación especial
Límite de centros participantes: 45
Límite de docentes participantes por centro:  non hai límite

Criterios de selección:

  1. Calidade do proxecto presentado.
  2. Utilización de dinámicas metodolóxicas activas, cooperativas e centradas na experiencia e na contorna próxima do alumnado.
  3. Deseño de actividades que fomenten a innovación educativa.
  4. Participación de diversos axentes da comunidade educativa de maneira cooperativa.
  5. Especificación da responsabilidade de cada docente participante.
  6. Ter participado con anterioridade nas actividades do ProxectoTERRA.

Responsables do programa:

Nome: Alberto Fortes Novoa
Departamento: coordinador, docente de secundaria.
Teléfono: 616 603 125
Correo electrónico: proxectoterra@coag.es

Nome: Sabela Girón Gesteira
Departamento: coordinadora
Teléfono: 676 033 121
Correo electrónico: proxectoterra.actividades@coag.es


Xustificación

ProxectoTERRA é un proxecto de cooperación co mundo da educación do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, cofinanciado pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia, dirixido ás distintas etapas da educación obrigatoria co obxectivo de colaborar no proceso de construción do coñecemento que os escolares de Galicia deben ter dos espazos e lugares que habitamos. O ProxectoTERRA desenvólvese desde o ano 2000 e todos os centros educativos contan, no centro, co material elaborado para o seu emprego nas aulas de Educación Infantil, Primaria ou Secundaria. Os diferentes materiais foron elaborados contando coa participación de profesorado do nivel correspondente e adaptándoos ás competencias e contidos do currículo de cada etapa educativa.

 

Obxectivos xerais

  • Contribuír a mellorar o coñecemento sobre os espazos que habitamos e sobre a identidade territorial de Galicia, mediante a toma de consciencia da implicación e responsabilidade da cidadanía na construción e posta en valor destes espazos.
  • Tomar conciencia dos problemas básicos da ocupación do territorio e da arquitectura cunha visión crítica e construtiva desde un enfoque de dereitos.
  • Tomar conciencia da importancia dos nosos espazos vitais na nosa calidade de vida, prestando atención ao entorno escolar como espazo de relación da infancia e xuventude.
  • Entender a importancia do patrimonio construído herdado, entendéndoo como resultado dun continuo histórico que ten a virtualidade de unir pasado, presente e futuro, na conformación da identidade dunha comunidade.

Obxectivos específicos:

  • Intervir nos niveis de formación obrigatorios para presentar os problemas básicos da ocupación do territorio e da arquitectura.
  • Procurar unha innovadora mirada sobre o medio humanizado e non humanizado cunha visión crítica e construtiva desde un enfoque de dereitos.
  • Promover iniciativas que favorezan a creación dunha cidadanía consciente do espazo vital onde se desenvolve e da importancia de participar activamente nas actuacións sobre el

Desenvolvemento das competencias clave

  • Competencia en comunicación lingüística
  • Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía
  • Competencia dixital
  • Competencia en aprender a aprender
  • Competencias sociais e cívicas
  • Competencia en sentido de iniciativa e espírito emprendedor
  • Competencia en conciencia e expresións culturais

 

Actividades

Entre as actividades do programa recóllense as seguintes:

Formación: As actividades de formación terán lugar coordinadas co CAFI ou cos CFR o primeiro e segundo trimestre. Non teñen carácter obrigatorio, mais poden axudar ao novo profesorado que se incorpora ao proxecto, ou a ampliar algunha das liñas de
actuación traballadas en cursos pasados.
O ProxectoTERRA oferta dentro do Plan Anual de Formación do Profesorado para o curso
2021/2022 as seguintes formacións orientadas a reforzar este programa educativo:
ProxectoTERRA. A construción do territorio e da paisaxe. Plan Proxecta.
ProxectoTERRA. Deseño de patios e espazos educativos. Plan Proxecta.
ProxectoTERRA. Cartografías. Plan Proxecta.
ProxectoTERRA. Dereito ao Hábitat. Plan Proxecta.

Webs de referencia:
ProxectoTERRA: ligazón.
Arquitectura Sen Fronteiras: ligazón
Recursos educativos de Arquitectura Sen Fronteiras: ligazón
Facebook do ProxectoTerra: ligazón
Twitter do ProxectoTerra: ligazón
Lista de reprodución “Xogos e espazos como instrumentos educativos”: ligazón
Lista de reprodución “III Encontro Internacional de Educación en Arquitectura”: ligazón
Lista de reprodución “V Encontro Playgrounds - Debates”

Obradoiros:
Sementeiras - Obradoiros transdiscipinares: obradoiros prácticos desenvolvidas por entidades galegas próximas ao ProxectoTERRA, dirixidos ao alumnado de educación Infantil, Primaria e Secundaria. A través das Sementeiras poderanse desenvolver os
contidos que o ProxectoTERRA ofrece a toda a comunidade educativa a través de materiais e formación. O obxectivo do programa é que o alumnado perciba o hábitat humano desde as diferentes perspectivas que abordan os materiais elaborados e postos á
disposición da comunidade educativa desde o ProxectoTERRA. O hábitat estúdase afondando en diferentes aspectos, como son a paisaxe, o territorio, o urbanismo, a arquitectura, o enfoque de dereitos ou o medio ambiente, dependendo do enfoque
escollido en cada proxecto desenvolvido nos centros, aínda que sempre é ben considerado que se aborde un proxecto desde diversas perspectivas e se chegue a formular e desenvolver un proxecto interdisciplinar.

Actividade “EU SON INSPECTOR@ URBANÍSTIC@. COIDA DO TERRITORIO, COIDA DO TEU” da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU). A APLU colabora co ProxectoTERRA propoñendo un proxecto lúdico - educativo para nenas e nenos de
Educación Infantil, Primaria e Secundaria relacionado co coñecemento do territorio de Galicia. O obxectivo principal do proxecto é sensibilizar, concienciar, divulgar e formar a nenas e nenos da Comunidade Autónoma de Galicia en relación ao medio e á intervención
e ordenación do noso territorio.

Saídas: Se a situación o permite recuperanse os intercambios territoriais a Portugal que se teñen desenvolvido en cursos anteriores. Para participar nas saídas e intercambios territoriais é necesario previamente traballar co material de
ProxectoTERRA  na aula co alumnado. As saídas de 1 día serán ás diferentes cidades galegas (Allariz, Pontevedra, Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, …) e os intercambios territoriais de dous días a diferentes enclaves paisaxísticos e arquitectónicos do territorio
galego-portugués (Ferrol - Fragas do Eume, Courel - Ribeira Sacra, Allariz, Costa da Morte, Ría de Vigo, Melgaço, Guimarães ou Porto). As saídas e intercambios intentaranse levar a cabo entre o 2º e 3º trimestre.

Produto final

O produto final é aberto (exposición, vídeo, presentación, videoxogo, curtametraxe, cartel,campaña, blog...) pero é preciso documentalo adecuadamente na memoria final do proxecto.

Criterios de avaliación da memorias final

Criterios xerais do Plan Proxecta
1. Creación dunha rede de traballo cooperativa na comunidade educativa entre alumnado,profesorado, familias e/ou institucións da contorna. Valorarase especialmente a participación activa do alumnado no desenvolvemento do proxecto (toma de decisións, realización do produto
final etc).
2. Interdisciplinariedade (achegas desde distintos departamentos didácticos, disciplinas ou materias) e transferibilidade do proxecto.
3 Impacto e difusión do proxecto. É imprescindible incorporar na memoria, a través de ligazóns (páxinas web, blogs etc), evidencias gráficas e/ou documentais do traballo realizado que permitan constatar o desenvolvemento do proxecto.

Criterios específicos
1. Adecuación ás temáticas propostas (dereito ao hábitat, arquitectura, urbanismo, patios
escolares, paisaxe, identidade territorial…).
2. Coherencia dos obxectivos do proxecto co traballo realizado.
3. Calidade e profundidade da memoria final que evidencie o proceso e desenvolvemento do
proxecto.

Selección de boas prácticas:

  • Conservación sostible do patrimonio - IES Praia Barraña (Boiro): ligazón
  • Coñecendo o noso hábitat: Miño - CPI Castro Baxoi (Miño): ligazón
  • Descubre o teu barrio - IES Alexandre Bóveda (Vigo): ligazón
  • Repensando o patio do Cova - CPI de Cova Terreña (Baiona): ligazón
  • O lugar onde vivimos - IES Terra de Trasancos (Narón): ligazón
  • Unha ollada sobre o noso hábitat - IES Francisco Aguiar (Betanzos): ligazón
  • A paisaxe de Ames - IES Plurilingüe de Ames: ligazón
  • Ver, vivir, estimar, xestionar o territorio - IES de Ponte Caldelas: ligazón

Menús Learning object node R