Inicio

AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS NO ANO 2024

NOTA INFORMATIVA DO 13  DE MARZO DE 2024

Rematado o prazo de presentación de solicitudes, comprobe periodicamente o estado da súa solicitude no menú “3.Estado solicitude”. 

Explicación dos estados:

"En trámite" - Quere dicir que aínda non se comprobou a solicitude presentada.

"Solicitude descartada" - Non cumpre algún dos requisitos para participar nesta convocatoria. Indícase o motivo.

"Solicitude validada" - Indica que xa se comprobou a solicitude e esta é correcta. Nalgúns casos, un texto sinalará as condicións de validación.

"Solicitude fóra de prazo"

"Solicitude incorrecta" - Deberá presentar a documentación que se require, acompañando a mesma coa instancia que se atopa pinchando aquí: Instancia para completar documentación

No caso de que, en estado de "solicitude incorrecta", se requira o Anexo II, este poderá descargarse aquí: Anexo II

 

presentación da documentación complementaria pódese facer de varias formas:

- A través da sede electrónica (A miña sede): Guía presentación en Sede Electrónica e corrección/emendas

- Nun rexistro oficial ou a través do correo postal certificado. Neste último caso, a instancia para completar documentación deberá ser datada e selada polo servizo de correos.

 

NOTA INFORMATIVA DO 4  DE MARZO DE 2024

NOTA INFORMATIVA DO 15  DE FEBREIRO DE 2024

O período de realización das actividades comprenderá dende a primeira semana do mes de xullo ata finais do mes de agosto de 2024, coa excepción das actividades para o 2º curso de bacharelato, que se desenvolverán no mes de agosto.

As datas concretas de realización das actividades daranse a coñecer coa publicación das listaxes definitivas do alumnado seleccionado. Non contamos con datas estimadas de cada viaxe, polo que esa información non será facilitada telefonicamente.

 

NOTA INFORMATIVA DO 12  DE FEBREIRO DE 2024

Prazo de solicitudes aberto dende o 13 de FEBREIRO ata o 12 de MARZO (incluído)

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades convoca 645 axudas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2024. 

Poderá solicitar estas axudas o alumnado de centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia dos cursos que se indican na seguinte táboa:

 

 

Acceso ao texto da Orde de convocatoria AXUDASLE 2024

Cartel informativo

Guía presentación en Sede Electrónica e corrección/emendas

Preguntas frecuentes 

Anexo II

 

O inicio do procedemento de solicitude realizarase a partir da aplicación dispoñible na páxina web do programa (https://www.edu.xunta.gal/axudasle), non sendo válidas as solicitudes que non procedan deste xeito.

 

CONSULTAS

Web da convocatoria: https://www.edu.xunta.gal/axudasle

Enderezo electrónico: axudasle@edu.xunta.gal

Atención telefónica:

881997426 – 881997419  - 981957537 - 981540287