Taxa para a homologación ou validación de títulos e estudos estranxeiros non universitarios
A tramitación do procedemento de homologación e/ou validación de títulos ou estudos estranxeiros non universitarios está suxeito ao pagamento da taxa correspondente, agás, cando se trate de estudos de educación secundaria obrigatoria.
Nos seguintes enlaces poderá consultar o importe da taxa respectiva e acceder á Oficina Virtual da Axencia Tributaria de Galicia (ATRIGA) para descargar o modelo de aboamento da taxa (código 30.20.02) ou efectuar a súa autoliquidación”.
Para cubrir manualmente o modelo de aboamento da taxa deberá indicar:
Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional: código 07
Delegación de: Servizos Centrais, código 13; A Coruña, código 10; Lugo, código 20; Ourense, código 30; Pontevedra, código 40
Servizo de ensino medio: código 03
Taxa: denominación homologación e validación de títulos e estudos estranxeiros non universitarios: código 30.20.02