Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

Nivel avanzado en tecnoloxías da información e da comunicación

Volver gratuidade solidaria

Modalidade: En rede.

Duración: 100 horas.

Obxectivos:

  1. Adquirir unha competencia de nivel avanzado no coñecemento instrumental e uso das TIC na docencia, recoñecendo e valorando a súa relevancia didáctica e a súa utilidade na aprendizaxe colaborativa.
  2. Xestionar a nivel avanzado os contornos e espazos de aprendizaxe implementando experiencias e creando ambientes de aprendizaxe enriquecidos coas tecnoloxías da información e da comunicación, avaliando o seu impacto e propoñendo novas modalidades de avaliación.
  3. Aplicar a nivel avanzado as tecnoloxías da información e da comunicación como apoio nas tarefas administrativo-docentes e para a coordinación de cursos, proxectos, grupos ou seminarios de formación.

Contidos:

  1. Coñecemento e utilización dos elementos dunha aula TIC. Xestión e administración avanzada da rede e do sistema operativo. Realización de tarefas de mantemento básico.
  2. Desenvolvemento de aplicacións educativas con diferentes e diversas ferramentas de autor. Interacción con persoas e con colectivos diversos en contornas plurais e multiculturais.
  3. Produción de mensaxes multimedia con procedementos propios de vídeo, fotografía, animación, banda deseñada, audio, texto.
  4. Coñecemento e utilización de diferentes estratexias metodolóxicas para a inserción das TIC no deseño curricular como aprendizaxe colaborativa baseada en proxectos, aplicando metodoloxías tales como a resolución de problemas, descubrimento guiado, webquest, simuladores.
  5. Aplicación de procedementos e instrumentos de avaliación do impacto das TIC nos procesos de ensino-aprendizaxe. Aproveitamento das posibilidades das TIC para establecer novas modalidades de avaliación nas que se valore o axeitado uso das mesmas nos procesos de aprendizaxe.
  6. Mellora da xestión escolar utilizando as TIC. Emprego a nivel avanzado de programas e plataformas de xestión.
  7. Dispoñibilidade persoal e coñecemento de técnicas para a coordinación de cursos, proxectos, grupos ou seminarios de formación.