Interinos e substitutos

Apertura dun prazo para solicitar prazas de interinidades para impartir docencia na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia nas especialidades de caracterización e indumentaria, espazo escénico e técnicas escénicas
Mér, 13/06/2012 - 08:30

Xúntase o Anuncio do 31 de maio de 2012, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polo que se comunica a apertura do prazo para solicitar prazas de interinidades e substitucións para impartir docencia na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia nas especialidades de caracterización e indumentaria (594442), espazo escénico (594448) e técnicas escénicas (594456).

  • O prazo de presentación de solicitudes será de dez días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.