Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

Anuncio sobre a apertura dun prazo para solicitar prazas de interinidades e substitucións de acordeón, saxofón e trompeta. Servizo de Secundaria

Lun, 01/03/2010 - 14:56

Anuncio do 18 de febreiro de 2010, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polo que se comunica a apertura dun prazo para solicitar prazas de interinidades e substitucións no corpo de profesores de música e artes escénicas, especialidades de acordeón (594401), saxofón (594424) e trompeta (594428).

Prazo de solicitude: dez días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia

Convoca: Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos

Correo electrónico: persoal.secundaria@edu.xunta.es

Teléfonos de información: 981 545408 - 981 545407 - 981 957910