×

Mensaxe de erro

  • Warning: array_flip(): Can only flip STRING and INTEGER values! en DrupalDefaultEntityController->load() (liña 175 de /srv/www/drupal/htdocs/includes/entity.inc).
  • Warning: array_flip(): Can only flip STRING and INTEGER values! en DrupalDefaultEntityController->cacheGet() (liña 388 de /srv/www/drupal/htdocs/includes/entity.inc).

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

Proxecto de Decreto polo que se regula a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas reguladas na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación

Mér, 23/05/2012 - 11:00

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 9 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega e ao disposto no artigo 42 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, iníciase o trámite de información pública do anteproxecto de Decreto de admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, mediante a súa exposición na páxina web desta Consellería, durante un período de quince días hábiles.

Calquera proposición, suxestión ou recomendación relativa a este proxecto poderá remitirse vía telemática ao seguinte enderezo electrónico: sxcentros@edu.xunta.es