Convócanse prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para cursar estudos de ensinanzas postobrigatorias non universitarias no curso académico 2012/2013
Xov, 10/05/2012 - 08:34

Xúntase a Orde do 26 de abril de 2012 pola que se convocan prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para cursar estudos de ensinanzas postobrigatorias non universitarias, no próximo curso académico 2012-2013.

Prazo de presentación de solicitudes:

  • O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia. Establécese un período extraordinario na primeira quincena do mes de setembro para a presentación de solicitudes destinadas a ensinanzas autorizadas pola Administración educativa con posterioridade á publicación desta orde, así como para os ciclos formativos e extraordinariamente no curso académico 2012/2013 para bacharelato.