Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

Proxecto de Decreto polo que se transforma o centro público integrado Celso Emilio Ferreiro de Vigo, e se trasladan ensinanzas

Ven, 04/05/2012 - 09:45

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 9 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega e ao disposto no artigo 42 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, publícase a relación dos proxectos das disposicións administrativas de carácter xeral que están en tramitación.

Título da disposición: Proxecto de Decreto……./2012, do…….de maio, polo que se transforma o centro público integrado Celso Emilio Ferreiro de Vigo, e se trasladan ensinanzas

Obxecto: Transformación de centro público integrado en centro de educación infantil e primaria e traslado de ensinanzas

Estado de tramitación: Fase intermedia da Lei 16/2010.

Calquera proposición, suxestión ou recomendación relativa a este proxecto poderá remitirse no prazo de 15 días hábiles desde a súa publicación no portal educativo ao seguinte enderezo electrónico: sxp@edu.xunta.es